Acabo de traducir KMail. Como pedia Marce, comento as cousas que fun anotando:
filtraxe -> filtrado (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)
aturar (support) -> permitir, aceptar, recoñecer, admitir: "This isn't
supported"->"Non se permite/acepta/recoñece/admite isto"
Preferencia da construción "estar a + infinitivo" sobre "estar + xerundio" por
ter menor visibilidade
Substituo as aspas sinxelas (') polas dobres (") porque as primeiras non
existen en galego.
plantel -> modelo (non aparece nen no IRIndo nen no VOLGA)
correo-e -> correo electrónico ("correo-e" é un calco de "e-mail" e non ten
uso real en galego)
Abortar -> Cancelar
URL é masculino ("Localizador Uniforme de Recursos")
Contents -> Contido, non contidos (anglicismo "o contido da mensaxe", non "os
contidos da mensaxe")
Xosé