Miguel Branco escribiu:
Fixen as modificacións no glosario que estivemos debatendo ultimamente.
Se alguén ve algo co que non está de acordo, que o diga e modificase.
Falo de blog, add on, add-on, complement, extension, plug in e plug-in.
Boas, penso que en canto a entrada plugin e plug-in debería ir xunto
deste xeito:
plugin, plug-in
n.
1. f. engadido (recomendada)
2. m. extensión
v.t.
1. conectar
2. enchufar
'Extensión' gráfase con 'x' e non con 's' por ser cultismo
Véxanse tamén: add-on, complement e extension
Comento isto porque por exemplo no firefox plugin, joomla (e supoño mais
aplicacións), aparece plugin sen guión e neste caso ten o significado do
que no noso glosario aparece como plug-in.