Propoño ir un paso alén.

service pack (ou service pak) > gal. paquete provisorio ou paquete de actualizacións.

Contrastade con service elevator (elevador de carga) ou service flat (apartamento con asistenta). Non sempre service significa servizo. Outras veces si, claro

Enténderíase e non habería que ir ao de "mantemento" que non deixa de ser outro calco... este do castelán.

Por certo, en francés emprégase "ensemble de modifications provisoires"

Antón


mvillarino escribió:
O Xoves 16 Outubro 2008 21:36, Adrián Chaves Fernández escribiu:

 > Paquete de servizos?

Buf! como dixo Miguel, ese calco non queda moi aló.

Como o "Service" é o servizo técnico, non sei se tirar pola banda do mantimento (algo "Actualización de mantimento", é que kmymoney 0.8.6 non deixou de ser unha actualizacion de mantimento de kmymoney 0.8 e non se adapta moito a ser un service pack), talvez "paquete de melloras"

Agora ben, o programa é o kpackagekit, e non sei moi ben que pinta esa mensaxe ahí, hai algún usuario por aquí que poda votar algo de luz no asunto?

--

Best regards,

MV

Responderlle a