Olá, 

sabedes xa que Trasno imos estar representados na Akademy-es 08, que se fai na 
Facultade de Informática da UDC, por Marce e por min. Eu rexistrei unha charla 
que fala sobre da xestión de proxectos de localización, a perspectiva que 
penso que os tradutores temos de como debería de ser o fluxo de traballo en 
i18n e l10n. Logo, temos rexistrado un taller de localización entre Marce e  
máis eu. 

Na primeira das charlas falo de (e avanzo detalles): 

        1. Que está pasando na tradución de SWL a nivel mundial?. Hai un perfíl 
moi 
claro das linguas que están participando segundo o grao de desenvolvemento da 
área xeográfica na que se falan. Incluso atrevereime a esbozar unha hipótese 
acerca do asunto.

        2. Problemas inherentes do galego (moi moi brevemente): perda de 
falantes 
masiva dende a entrada do SXX (estímase que a poboación castelán falante era 
do 5% principios do SXIX, xa sabedes a situación hoxe) e a ausenza dunha norma 
fixada consensuada ata 2003, cando as dúas grandes posturas mínimos e o 
isolacionismo converxen na norma de paz... e seguro que inda teremos debate 
pra longo toda vez que inda temos o 'ñ' e o 'll', ie..

        3. Fluxo de traballo ideal. A lingua e a non o proxecto como unidade de 
xestión en l10n.

pra este último punto necesito a vosa axuda. Quero expoñer os principais 
problemas que atopamos na comuniade en proxectos concretos e qué conclusións 
sacamos deles  (e moito é do que se falou nos g11n)  asi que vos pido que 
contestedes canto antes (expoñemos Sábado que ven pola mañán) a esta enquisa 
improvisada:


-------------------ENQUISA---------------------

(moitas poidan que non teñan sentido pra vos por non vos atopar co caso etc, 
simplemente non as respondades)

1.  Das aplicacións que traduciras, cales pensas que facilitan mellor a 
localización? motivos? (ie, non hai que facer rexistro de coordinador...)

2. En cales atopaches problemas de tipo 'burocrático'? Que problemas foron?

3. algun destes proxectos impoñía criterios de calidade? cales? (ie, Firefox, 
que inclúe traducións en fase beta, como vai isto?) 

4. Como consideras que se debe conseguir a calidade nas traducións? ten que a 
controlar o proxecto que se localiza, o tradutor, ou esperar que se dependa do 
feedback dos usuarios?

5. Que problemas técnicos atopastes ó traducir? (non que lle falta ás 
ferramentas de tradución: refirome a ie. non poder recurar a tradución dun .ts 
anterior, editar a tradución a pelo, coma en Miranda IM..)
 
6. Que vos motiva a traducir unha aplicación en concreto?

7. Mantivéstesvos na traducións das apicacións que fixestes ou fóstelas 
abandoando? porqué?

8. Traducides a outras linguas?

9. Pertencedes a algunha asociación ou grupo politico? a grupos de usuarios de 
Linux...? (non fai falta especificar) a outros proxectos coma a Wikipedia...?

10. Cales son as motivacións principais pra localizar ó galego? egoismo ou 
altruismo?

11. Trasno debería ter un papel activo non só na tradución senón na defensa do 
galego? ou xa o traballo que fai é en si a mellor defensa? deberíanse manter 
relación con asociacións pola desensa do Galego, coma a Mesa pola 
Normalización?

12. Seriamos capaces de focalizar o que traducimos a un número reducido de 
distros... con tal de acadar as principais traducións completas? é necesario?

13. como escolles con que traduces? decisión técnica ou non? traduces cun só 
programa ou con varios?

14. Calquera cousa que se vos ocorra de interés:

15. Tradución con ferramentas locais ou interfaces web? que e millor? depende 
de para qué?

15.(a quen competa) Que problemas existen en:

*** Ubuntu
como é iso de rosetta e o de que haxa que subir os .pos de proxectos upstream?

*** Firefox (a lea do pricipio xa a sei; que problemas se plantexan agora, 
como está respondendo Mozilla...)

*** OOo

*** KDE

*** Gnome

*** Joomla, Drupal etc

Responderlle a