O Sábado 15 de Novembro de 2008 ás 15:46, Miguel dicía:

>1.  Das aplicacións que traduciras, cales pensas que facilitan mellor a 
>localización? motivos? (ie, non hai que facer rexistro de coordinador...)

   En xeral creo que os mellores son os "grandes proxectos" (KDE, GNOME e
algunhas distribucións), en xeral están mellor organizados e facilitan moito
algunhas tarefas (p.ex, creación periódica dos .pot e os .po mesturados
correspondentes, páxinas de estatísticas para ver a evolución
facilmente...)

>2. En cales atopaches problemas de tipo 'burocrático'? Que problemas foron?

   En GNU (ben, o "TP" ou "Translation Project", realmente) o envío do
disclaimer pode botar para atrás, e dificulta a entrada de novos
tradutores.

>3. algun destes proxectos impoñía criterios de calidade? cales? (ie, Firefox, 
>que inclúe traducións en fase beta, como vai isto?) 

   Ningún dos que eu coñecín (GNU, GNOME, KDE, Suse, Redhat, Mandrake) tiña
ese tipo de imposicións. Claro que hai xa tempo, non sei como evolucionou.

>4. Como consideras que se debe conseguir a calidade nas traducións? ten que a 
>controlar o proxecto que se localiza, o tradutor, ou esperar que se dependa do 
>feedback dos usuarios?

   Para o proxecto é difícil, aínda que si podería facer unha detección
automática dalgúns erros de formatos, como comentaba Leandro (tipo que
falten "\n" ou atallos de teclado). A calidade da tradución debería
depender máis do feedback dos usuarios, como boa parte do mundo do software
libre.

>5. Que problemas técnicos atopastes ó traducir? (non que lle falta ás 
>ferramentas de tradución: refirome a ie. non poder recurar a tradución dun .ts 
>anterior, editar a tradución a pelo, coma en Miranda IM..)

   Bufff, xa non lembro ben. En xeral os sistemas de i18n non baseados en
gettext eran unha tortura, non só para traducilos (que tamén), mais tamén
para actualizalos a unha nova versión do software.

   Tamén ao principio había moitos problemas coas cadeas homógrafas. I.e,
dúas cadeas curtas que en inglés se escriben igual pero teñen distinto
significado (exemplo clásico: "download" pode ser "descarga" ou
"descargar"). O gettext considéraas como unha única cadea, e fai moi difícil
atopar unha tradución que sirva para os dous casos. Os de KDE foron os
primeiros que arranxaron o problema (non sei como estará agora o tema)

   O de editar a tradución a pelo non o entendo ben, ¿que problema ten? Eu
facíao todo co vim :P

>6. Que vos motiva a traducir unha aplicación en concreto?

   Que sexa de uso frecuente, por min ou por calquera outro usuario. É
verdade que hai algunhas aplicacións que ao comezar a traducilas pensas: "e
isto quen carallo o usa?". Aínda así traducín algunhas desas, pero con
menos motivación.

>7. Mantivéstesvos na traducións das apicacións que fixestes ou fóstelas 
>abandoando? porqué?

   Esta é fácil... Pouco a pouco abandonei todas as traducións que fixera,
e non foron poucas. Durei máis de 5 anos (do 1999 ao 2004/2005?), a vida
universitaria déixache moito tempo libre, pero a partir de aí... Así que o
motivo é simplemente o tempo dispoñible.

>8. Traducides a outras linguas?

   Non. Algunha vez fixen pequenas traducións de programiñas (<50 cadeas),
ao tempo que as facía en galego facíaas tamén en castelán e portugués.

>9. Pertencedes a algunha asociación ou grupo politico? a grupos de usuarios de 
>Linux...? (non fai falta especificar) a outros proxectos coma a Wikipedia...?

   A asociacións si, unha medio relacionada con Linux e outra non.

>10. Cales son as motivacións principais pra localizar ó galego? egoismo ou 
>altruismo?

   De entrada diríache que a medias. Egoísmo porque mola iso de poder ter o
teu propio sistema operativo en galego. Pero cando levas 15000 ou 20000
cadeas traducidas realmente só pode ser por altruismo, por egoísmo non
chegas tan lonxe (sobre todo cando podes usar o software en inglés sen
problemas)

>11. Trasno debería ter un papel activo non só na tradución senón na defensa do 
>galego? ou xa o traballo que fai é en si a mellor defensa? deberíanse manter 
>relación con asociacións pola desensa do Galego, coma a Mesa pola 
>Normalización?

   Sempre mantiven a opinión de que o que se fai agora abonda. Unha vez
díxome un primo meu: "o que ti fas vale moitísimo máis do que moitas
caralladas que se fan para defender o galego". Pode que non sexa certo,
pero hai que asimilar que hai moitas maneiras de traballar por algo ou por
defender unha idea. Non todo ten que ser a base de pancartas.

>12. Seriamos capaces de focalizar o que traducimos a un número reducido de 
>distros... con tal de acadar as principais traducións completas? é necesario?

   Entendo que isto se refire á tradución das ferramentas propias das
distribucións, non? Eu penso que non é necesario nin conveniente. O
obxectivo é que un galego que queira ter o seu Linux en galego non dependa
diso para ter que escoller unha distribución. Deberían ser cousas
diferentes, sobre todo considerando que o 95-99% do software que se usa
cada día é independente da distribución, e que por tanto potencialmente
calquera distribución ten soporte de galego. Restrinxir ese soporte a unha
ou dúas distribucións non me parece acertado.

>13. como escolles con que traduces? decisión técnica ou non? traduces cun só 
>programa ou con varios?

   Como xa dixen antes, eu traducía co vim. E probablemente agora faría o
mesmo :D  Pero tamén programo co vim, así que non sou un bo exemplo :P

>15. Tradución con ferramentas locais ou interfaces web? que e millor? depende 
>de para qué?

   Na miña época non había interfaces web para traducir, e non cheguei a
coñecer Rosetta (ou como se chame). Penso que seguiría a preferir a
ferramenta local, porque vai asociada a un maior compromiso. Facer unha
tradución ben feita non se pode limitar a traducir cadeas fora de contexto.
É importante coñecer a aplicación, ter acceso ao código para resolver
dúbidas dependentes do contexto, probar a tradución na propia aplicación
ao rematala...

>16.(a quen competa) Que problemas existen en:

   Eu xa estou moi desconectado disto como para dar datos recentes :)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez

Responderlle a