Boas:

Leandro Regueiro escribiu:
2008/11/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
*** Joomla, Drupal etc
Penso que era bo que nos unisemos os que traducimos os xestores de
contidos, de feito estou pensando en traducir tamén drupal 6 pois non o
está, pero poida que fose bo ter un glosario mais ou menos común para
joomla!, drupal e wordpress, que penso que estos 3 son os que máis se usan.

Pola miña parte eu manteño desde hai anos tradución de SPIP, un CMS francés
co que estou moi encariñado, tanto polo sistema en si como pola comunidade
que hai detrás, realmente humanista. Está a piques de saír a versión 2.0
(parece un número baixo pero é que son moi "serios" coa súa filosofía).

Hoxe mesmo saíu a

SPIP 2.0 RC1 (Realease Candidate 1)

web de SPIP: http://www.spip.net
web da comunidade : http://www.spip-contrib.net/

Nesta comunidade tradúcese a través dun comodísimo e sinxelo interfaz web,
para o manexo das cadeas en PHP que tamén é software libre: Trad-lang v3
(http://www.eledo.com/article17.html)

Pola miña parte estou disposto a colaborar contigo na battle for Drupal 6

Unha cousa, pode que sexa certo que o drupal 6 non está traducido de
todo, pero eu lembro ter axudado a levar o traballo feito na drupal 5
a drupal 6. De feito montaronse dous proxectos na forxa para traducir
cada unha das dúas versións. No g11nv2 falei con Fran Diéguez, e
comentoume que habia xente interesada en traducir.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Supoño que si que ten que haber xente interesada en traducir, a xunta está a ofrecer aos centros educativos soporte para pór a web con drupal (moodle e coppermine) e parece que lles vai dar soporte. Penso que por iso algúns centros están a mudar o que tiñan a drupal.

Por outra banda está o cambio no sistema de tradución entre as versións 5 e 6 do drupal.

Teño que facer un traballo para clase no que o usarei (o drupal), de momento estiven a configurar o servidor, xampp para traballar desde linux, pois implica unhas configuracións adicionais. Case rematei, quedame facer un videotutorial de como facer isto e xa me poño co drupal. Entre as cousas que preciso é que estea traducido.
Mañá (na akademy-es) se acaso falamos.

Responderlle a