2008/11/20 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>
>>> *** Joomla, Drupal etc
>>
>> Penso que era bo que nos unisemos os que traducimos os xestores de
>> contidos, de feito estou pensando en traducir tamén drupal 6 pois non o
>> está, pero poida que fose bo ter un glosario mais ou menos común para
>> joomla!, drupal e wordpress, que penso que estos 3 son os que máis se usan.
>>>
>>>
>
> Pola miña parte eu manteño desde hai anos tradución de SPIP, un CMS francés
> co que estou moi encariñado, tanto polo sistema en si como pola comunidade
> que hai detrás, realmente humanista. Está a piques de saír a versión 2.0
> (parece un número baixo pero é que son moi "serios" coa súa filosofía).
>
> Hoxe mesmo saíu a
>
> SPIP 2.0 RC1 (Realease Candidate 1)
>
> web de SPIP: http://www.spip.net
> web da comunidade : http://www.spip-contrib.net/
>
> Nesta comunidade tradúcese a través dun comodísimo e sinxelo interfaz web,
> para o manexo das cadeas en PHP que tamén é software libre: Trad-lang v3
> (http://www.eledo.com/article17.html)
>
> Pola miña parte estou disposto a colaborar contigo na battle for Drupal 6

Unha cousa, pode que sexa certo que o drupal 6 non está traducido de
todo, pero eu lembro ter axudado a levar o traballo feito na drupal 5
a drupal 6. De feito montaronse dous proxectos na forxa para traducir
cada unha das dúas versións. No g11nv2 falei con Fran Diéguez, e
comentoume que habia xente interesada en traducir.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a