*** Joomla, Drupal etc
Penso que era bo que nos unisemos os que traducimos os xestores de contidos, de feito estou pensando en traducir tamén drupal 6 pois non o está, pero poida que fose bo ter un glosario mais ou menos común para joomla!, drupal e wordpress, que penso que estos 3 son os que máis se usan.




Pola miña parte eu manteño desde hai anos tradución de SPIP, un CMS francés co que estou moi encariñado, tanto polo sistema en si como pola comunidade que hai detrás, realmente humanista. Está a piques de saír a versión 2.0 (parece un número baixo pero é que son moi "serios" coa súa filosofía).

Hoxe mesmo saíu a

SPIP 2.0 RC1 (Realease Candidate 1)

web de SPIP: http://www.spip.net
web da comunidade : http://www.spip-contrib.net/

Nesta comunidade tradúcese a través dun comodísimo e sinxelo interfaz web, para o manexo das cadeas en PHP que tamén é software libre: Trad-lang v3 (http://www.eledo.com/article17.html)

Pola miña parte estou disposto a colaborar contigo na battle for Drupal 6

Antón Méixome

Responderlle a