O Mércores 19 Novembro 2008 19:44, Jesus Bravo Alvarez escribiu: > O gettext considéraas como unha única cadea, e fai moi > difícil atopar unha tradución que sirva para os dous casos. Os de KDE foron > os primeiros que arranxaron o problema (non sei como estará agora o tema)
Agora os po/pot de gettext engadiron un elemento máis a cada unidade de tradución, o msgctxt (message context), polo que está ± arranxado. Sempre e cando o empreguen os desenvolventes, clarostá. Ademáis, estáse a avanzar no seguinte, que ven sendo facer que as mensaxes de contexto teñan un formato estandarizado (por exemplo, o etiquetado semántico de kde). O que pior vai é a contextualización, hoxe por hoxe segue a depender moito de votar un ollo para os comentarios, e ver se as mensaxes veñen dos mesmos ficheiros e tal. > O de editar a tradución a pelo non o entendo ben, ¿que problema ten? Eu > facíao todo co vim :P Pois si: 8-D Que vaia ben! -- Best regards, MV

