Boas Miguel,
Aquí vai o meu cuestionario, máis vale tarde que nunca (non sei se hai equivalencia en galego desta expresión).

Miguel Branco escribiu:
Olá, sabedes xa que Trasno imos estar representados na Akademy-es 08, que se fai na Facultade de Informática da UDC, por Marce e por min. Eu rexistrei unha charla que fala sobre da xestión de proxectos de localización, a perspectiva que penso que os tradutores temos de como debería de ser o fluxo de traballo en i18n e l10n. Logo, temos rexistrado un taller de localización entre Marce e máis eu. Na primeira das charlas falo de (e avanzo detalles): 1. Que está pasando na tradución de SWL a nivel mundial?. Hai un perfíl moi claro das linguas que están participando segundo o grao de desenvolvemento da área xeográfica na que se falan. Incluso atrevereime a esbozar unha hipótese acerca do asunto.

2. Problemas inherentes do galego (moi moi brevemente): perda de falantes masiva dende a entrada do SXX (estímase que a poboación castelán falante era do 5% principios do SXIX, xa sabedes a situación hoxe) e a ausenza dunha norma fixada consensuada ata 2003, cando as dúas grandes posturas mínimos e o isolacionismo converxen na norma de paz... e seguro que inda teremos debate pra longo toda vez que inda temos o 'ñ' e o 'll', ie..

3. Fluxo de traballo ideal. A lingua e a non o proxecto como unidade de xestión en l10n.

pra este último punto necesito a vosa axuda. Quero expoñer os principais problemas que atopamos na comuniade en proxectos concretos e qué conclusións sacamos deles (e moito é do que se falou nos g11n) asi que vos pido que contestedes canto antes (expoñemos Sábado que ven pola mañán) a esta enquisa improvisada:


-------------------ENQUISA---------------------

(moitas poidan que non teñan sentido pra vos por non vos atopar co caso etc, simplemente non as respondades)

1. Das aplicacións que traduciras, cales pensas que facilitan mellor a localización? motivos? (ie, non hai que facer rexistro de coordinador...)
O entorno web babelzilla, cada vez que hai unha actualización fai un
combinado, e márcache o que queda pendente de traducir. Envía un correo
indicando que hai actualización. Para proxectos pequenos penso que está ben.
Como non traduzo escritorios penso que por iso non cito estes como máis
doados.


2. En cales atopaches problemas de tipo 'burocrático'? Que problemas foron?
Para keepassx costoume bastante que puxesen a tradución pero finalmente
agora xa está!
En canto ao resto pois non é que tivese moito trato, pois por exemplo o
joomla! o que fixen foi dar de alta a extensión coa tradución e alta na
forxa de joomla e por alí todo.


3. algun destes proxectos impoñía criterios de calidade? cales? (ie, Firefox, que inclúe traducións en fase beta, como vai isto?)
no meu caso non me atopei con isto.

4. Como consideras que se debe conseguir a calidade nas traducións? ten que a controlar o proxecto que se localiza, o tradutor, ou esperar que se dependa do feedback dos usuarios?
Un pouco de todo, habería que facilitar que o que atopa un erro o poida
enviar dun xeito doado, poderíase ter un sitio único onde se recollerese
esta retroalimentación.
A formación do tradutor tamén é importante. No meu caso adoito ter máis
problemas técnicos que de tradución propiamente dita.

5. Que problemas técnicos atopastes ó traducir? (non que lle falta ás ferramentas de tradución: refirome a ie. non poder recurar a tradución dun .ts anterior, editar a tradución a pelo, coma en Miranda IM..)
No meu caso, joomla pois o formato foi un problema inicial agora xa o
teño bastante resolto. Penso que o da continuidade tamén da eficiencia
pero o ideal seria que houbese algún curso, charla que fixese menos
empinada a curva de aprendizaxe.
6. Que vos motiva a traducir unha aplicación en concreto?
Vela en galego. Eu so traduzo o que uso. Tamén que outros aproveiten o
meu traballo. A idea de compartir, se todo o mundo fai un pouco ao final
é moito o que fan todos.

7. Mantivéstesvos na traducións das apicacións que fixestes ou fóstelas abandoando? porqué?
Trato de mantelas e non meterme se vexo que non as vou poder traducir.

8. Traducides a outras linguas?
Non, so traduzo ao galego. Se traballase disto sería outra historia,
supoño que se fixese falta (e soubera) traduciría a chino.

9. Pertencedes a algunha asociación ou grupo politico? a grupos de usuarios de Linux...? (non fai falta especificar) a outros proxectos coma a Wikipedia...?
Non, teño usuario na wikipedia e algo teño posto pero nada relevante e
ínfimo.

10. Cales son as motivacións principais pra localizar ó galego? egoismo ou altruismo?
Eu como comentei traduzo o que uso, penso que é un bo criterio, se hai
algunha aplicación que ninguén usa, para que traducila?
Eu diría, altruísmo porque non cobro por elo e comparto o meu traballo.

11. Trasno debería ter un papel activo non só na tradución senón na defensa do galego? ou xa o traballo que fai é en si a mellor defensa? deberíanse manter relación con asociacións pola desensa do Galego, coma a Mesa pola Normalización?
Penso que a misión debería ser traducir e tratar de facelo o mellor posible. A misión sería esa traducir software ao galego. Logo que cada quen o entenda como máis lle guste.

12. Seriamos capaces de focalizar o que traducimos a un número reducido de distros... con tal de acadar as principais traducións completas? é necesario?
Eu penso que habería que focalizar en non mais de dúas distros, se esas acadan o 99 pois a mirar se se quere e hai xente por traducir máis. Ademais de distros penso en escritorios, e cando penso en escritorios penso en kde e gnome porque son os máis amigábeis para o usuario, penso que o que vaia a usar xfce ou outros máis minimalistas xa é un usuario máis técnico que non vai precisar tanto da tradución. Aquí digo o mesmo, se hai medios e xente, pois adiante.

13. como escolles con que traduces? decisión técnica ou non? traduces cun só programa ou con varios?
Pois adoito traducir o que uso e non está traducido. Ao traducir o que uso é máis doado logo depurar e ademais como coñezo o software tamén se supon que poderei traducir mellor. O que uso, pois sempre trato de usar algunha aplicación, pero non acabo de atopar algunha que me guste, sempre remato por ter o bloc de notas con traducións doutros idiomas, o poedit desde o que monto o catalogo para que me indique o que falta, e ese mesmo ou outro para facer a tradución.

14. Calquera cousa que se vos ocorra de interés:
teño que dicir que non me acaba de convencer o formato po, penso que sería bo usar un que sexa mais rico con etiquetas e posibilidade de traducir unha mesma cadea de xeitos diferentes en función do contexto
may (nome do mes): maio
may (abrebiatura do mes): mai

Isto pasa no joomla!
Unha opción é que a ferramenta use .po pero tamén permita traballar con outros formatos máis ricos deste xeito cada un escollería, ademais permitiría unha transición (para quen quixese cambiar) non traumática.


15. Tradución con ferramentas locais ou interfaces web? que e millor? depende de para qué?
Pois para cousas pequenas o a interface web vai moi ben, o babelzilla é un exemplo, cando sae unha actualización para por exemplo o fireftp, avisame, entro, engado as cadeas que faltan marco en test, probo, e se todo ben paso a release. Realmente rápido, se teño dúbidas sempre pode ver como traduciu o de portugues, español italiano... se é que o fixeron antes ca min, se non pois imaxinación...
Para proxectos un pouco mais grandes penso que é mellor o local.


15.(a quen competa) Que problemas existen en:

*** Ubuntu
como é iso de rosetta e o de que haxa que subir os .pos de proxectos upstream?
Eu non traduzo en ubuntu basicamente porque non envía as traducións aos que desenvolven o software. Prefiro traducir a fonte e que ubuntu colla de aí. No caso do keepass, enviei a tradución aos desenvolvedores, e tamén aos de ubuntu, pero primeiro aos desenvolvedores e de feito no proxecto está a tradución, o que non sei é se os de ubuntu a colleron do proxecto fonte ou usaron a que lles enviei.

*** Firefox (a lea do pricipio xa a sei; que problemas se plantexan agora, como está respondendo Mozilla...)

*** OOo

*** KDE

*** Gnome

*** Joomla, Drupal etc
Penso que era bo que nos unisemos os que traducimos os xestores de contidos, de feito estou pensando en traducir tamén drupal 6 pois non o está, pero poida que fose bo ter un glosario mais ou menos común para joomla!, drupal e wordpress, que penso que estos 3 son os que máis se usan.




Saúdos

Responderlle a