2009/1/19 Alejo Pacín Jul <alej...@gmail.com>:
> Vaia! Ó final fíxeno mal de todo. Desculpade. É que onte respostei a
> esta mensaxe, pero a primeira vez mandeilla só a Marce. E logo volvina
> enviar á lista, pero parece que mal, polo que leo.
>
> Viña a dicir que me parece estupendo o que fixo e que viña agardando
> por algo así para poñerme a localizar Mandriva, que non sabía cómo
> funcionaba a ferramenta. Tampouco estaría de máis que localizase o
> titorial ó galego, xa que o imos empregar nós, digo eu.
>
> De tódolos xeitos, é unha mágoa que non soubera del antes, xa que
> agora comezan os exames e pouco tempo vou ter para lle adicar isto.

Por partes.

Non te preocupes, unha distro deste calibre con traducila dous meses ó
ano chega. Ademais eu tamén estou en modo desconexión porque ando a
volta cas prácticas, os parciais de prácticas e xa se me botan enriba
os exames de febreiro, así que estamos igual.

Respecto dos videotitoriais foi algo do que se falara cando nos
xuntaramos na akademy e teriamos que discutir como facelos (guións,
que programas usamos, formato, onde colgamos os vídeos...) Supoño que
non estaria mal un titorial para cada ferramenta, e tamén un que
explique tódolos conceptos un pouco por riba (para isto último penso
nas transpas que fixo Fran Diéguez para a última XGN, que están moi
completas, e igual completalo con algo do material de Marce para a
charla da akademy)...

Ata logo,
                      Leandro regueiro

Responderlle a