> @Leandro:
>    Referente ao que precisamos para un glosario, no que estábamos a
> falar do TBX
> Precisamos aquelo que as ferramentas nos permiten utilizar, i.e.,
> aquelo que soportan as ferramentas.
> No caso do lokalize, se te fixas no diálogo de adición de termos ao
> glosario (na liña de tempo do tutorial, á altura do "fuzzy" na barra
> de estado),
> este permite: Definición, eido (subject field), sinónimos en inglés
> (unha lista, un por liña) e sinónimos na lingua termo (unha lista, un
> por liña)
> Unha ferramenta de glosario que non empregue estes campos do tbx
> estaría infra-utilizando a ferramenta de glosario do Lokalise, e iso
> non sería moi boa idea.
> Ademáis está a aclaración "Un ítem do glosario correspóndese a un
> conceito (term), non a unha palabra ou secuencia de palabras".

Penso que as ferramentas CAT deberian poder mostrar outras cousas,
comas as notas, traducións non recomendadas e todas esas cousas que
temos no actual glosario de Trasno. Como dis que ferramentas coma o
Lokalize só soportan esas tres cousas non sei se ó meterlle ficheiros
de glosario con máis campos se atrapallará a ferramenta CAT ou se
simplemente ignorará eses campos. Tamén estou pensando que cando
marcamos unha tradución para un concepto como "castelanismo" estaria
ben podelo ver na ferramenta web de creacion (p.ex. globs) pero isto
non seria tan importante na ferramenta CAT, xa que con indicar que a
tradución non é válida xa seria dabondo.

Por incrible que pareza ainda non conseguin facer unha lista compacta
de que é o que temos no glosario actual. Como xa sabedes, e se non o
sabedes escriboo aqui, a idea é ter esa lista para discutir que sobra,
que falta, e cales das cousas son o mesmo (ou sexa, que sobra).
Despois haberia que mirar no estándar TBX que campos se corresponden
con esas necesidades. Despois quedaria o de atopar un sistema para
poder crear glosarios en formato TBX de xeito que soporten eses
campos, e atopar tamén ferramentas CAT que soporten eses campos (ou
facer que soporten ditos campos).


> ...a que viña isto......
> entón:
> un dos requerimentos fundamentais de nosoutros, tradutores
> voluntarios, aos proxectos de software nos que estexamos interesados
> en traducir é que nos fornezan, antes mesmo dos ficheiros
> pot/ts/properties, é cunha terminografía. Non o digo eu porque sexa
> así de chulo e borde como son, senón que o dí a LISA, nun documento
> que trata do aseguramento da calidade da l10n (*). Esa terminografía,
> o ficheiro TBX, para entendernos, __debe__ ser compartida por todos os
> membros da equipa de tradución, de aí que ás veces a teña que envainar
> con cousas como "preview" ;-).

Iso é esperar demasiado :) Xa bastante é que nos dean un contexto decente...


> Isto implica que proxectos como o globs ese (o dos glosarios através
> da web), deberían adaptarse ás posibilidades das CAT que manexamos,
> neste caso Lokalize, dando a opción de crear un glosario que se cinxa
> estritamente ás posibilidades destas... excepto

Si, diso se falou con Nuno. Pero penso que igual despois lle vai haber
que meter man para modificar o código e que non soporte todo o
estándar. Polo de agora só probei unha alfa e non me pareceu nada
intuitiva, polo que lle din unha chea de consellos para reorganizar e
simplificar a interface, e que o xeito de crear unha entrada
(concepto) sexa máis fácil e se pode ser que veña con algo de axuda
explicando que demo é cada campo. Tamén lle pedin que ó crear un
glosario houbera a posibilidade de especificar os campos obrigatorios
de cada entrada de dito glosario, e cales campos deberian aparecer ó
crear unha entrada nova (para ocultar campos non necesarios para un
glosario, por exemplo). Ademais comenteille o de consulta por xml-rpc
(ou outro protocolo) para comunicarse cas ferramentas CAT.

Hai pouco tempo souben tamén que no Pootle tamén teñen o seu servidor
de terminoloxía. Non sei como está, pero sabendo que vai estar
integrado co Pootle e xa ven directamente cunha interface para
comunicarse con ferramentas CAT (polo de agora Pootle, pero adaptar as
outras non deberia ser dificil).

Por outra banda vin no video sobre o glosario de Lokalize que permite
crear ali mesmo novas entradas. Isto poderia ser algo máis dificil de
integrar cun servidor de terminoloxia, se é que queremos enviar a nova
entrada á web para compartila con outras persoas. Por outra banda
seria discutible se teria que ser aceptada directamente a nova
proposta ou se teria que ser aceptada por outras persoas para ser
incluida nun dos glosarios do servidor de terminoloxia.


> ...excepto que no canto de dar a posibilidade de un só triplete
> ((definición, eido), inglés, galego), debería gardar internamentealgo
> máis n-dimensional ((definición, eido), inglés, galego, portugués,
> ucraniano, baixo saxón, grego, ..., catalán, castelán ...), e dar a
> posibilidade de obter o triplete que interese.
> ... e a nível edición, a de ver o glosario para o que no galego hai
> entradas, e viceversa. Esta viceversa permitiría, por exemplo, que
> alguén de, digamos, a equipa do suomi adicione un ítem, porque o
> precisa para o seu idioma, por exemplo "botón", e, se no galego non é
> preciso, non introducir unha tradución, que por ende non sería obtida
> co ficheiro, e se fose precisa, por exemplo para "window", obtela.

Aqui perdinme un pouco ó ler. Entendo que o que dis é a opción de
consultar as traducións a  varios idiomas dun concepto dado (entrada
do glosario). Ou sexa, que é algo parecido á opción de terceira lingua
que ten o gtranslator para ver a tradución a outro idioma dunha
determinada cadea.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a