2009/1/21 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>
> Non lembro se Marce tamén puxera este sobre o glosario de Lokalize
> http://youonlylivetwice.info/lokalize/lokalize-glossary.htm

Non o puxen fundamentalmente porque non o coñecía.

@Leandro:
    Referente ao que precisamos para un glosario, no que estábamos a
falar do TBX
Precisamos aquelo que as ferramentas nos permiten utilizar, i.e.,
aquelo que soportan as ferramentas.
No caso do lokalize, se te fixas no diálogo de adición de termos ao
glosario (na liña de tempo do tutorial, á altura do "fuzzy" na barra
de estado),
este permite: Definición, eido (subject field), sinónimos en inglés
(unha lista, un por liña) e sinónimos na lingua termo (unha lista, un
por liña)
Unha ferramenta de glosario que non empregue estes campos do tbx
estaría infra-utilizando a ferramenta de glosario do Lokalise, e iso
non sería moi boa idea.
Ademáis está a aclaración "Un ítem do glosario correspóndese a un
conceito (term), non a unha palabra ou secuencia de palabras".

...a que viña isto......
entón:
un dos requerimentos fundamentais de nosoutros, tradutores
voluntarios, aos proxectos de software nos que estexamos interesados
en traducir é que nos fornezan, antes mesmo dos ficheiros
pot/ts/properties, é cunha terminografía. Non o digo eu porque sexa
así de chulo e borde como son, senón que o dí a LISA, nun documento
que trata do aseguramento da calidade da l10n (*). Esa terminografía,
o ficheiro TBX, para entendernos, __debe__ ser compartida por todos os
membros da equipa de tradución, de aí que ás veces a teña que envainar
con cousas como "preview" ;-).
Isto implica que proxectos como o globs ese (o dos glosarios através
da web), deberían adaptarse ás posibilidades das CAT que manexamos,
neste caso Lokalize, dando a opción de crear un glosario que se cinxa
estritamente ás posibilidades destas... excepto
...excepto que no canto de dar a posibilidade de un só triplete
((definición, eido), inglés, galego), debería gardar internamentealgo
máis n-dimensional ((definición, eido), inglés, galego, portugués,
ucraniano, baixo saxón, grego, ..., catalán, castelán ...), e dar a
posibilidade de obter o triplete que interese.
... e a nível edición, a de ver o glosario para o que no galego hai
entradas, e viceversa. Esta viceversa permitiría, por exemplo, que
alguén de, digamos, a equipa do suomi adicione un ítem, porque o
precisa para o seu idioma, por exemplo "botón", e, se no galego non é
preciso, non introducir unha tradución, que por ende non sería obtida
co ficheiro, e se fose precisa, por exemplo para "window", obtela.

Estou a pensar que talvez sería voa idea facer un CC a Albert (ún abrazo)

Responderlle a