>>Tamén estou pensando que cando
>> marcamos unha tradución para un concepto como "castelanismo" estaria
>> ben podelo ver na ferramenta web de creacion (p.ex. globs) pero isto
>> non seria tan importante na ferramenta CAT, xa que con indicar que a
>> tradución non é válida xa seria dabondo.
>
> Penso que non debe se debe chegar a iso. O glosario, como
> terminografía, ten un carácter normalizador (no sentido de
> estandarizar) das traducións, isto é, de empregar un glosario, cando
> este prescriba algo, debe empregarse o que poña no glosario e non
> outra cousa.
> Se a isto engadimos que "Standardisation is normally understood as the
> elimination of synonymy and the reduction of polysemy/homonymy, or the
> coinage of neologisms to reflect the meaning of the term and its
> relations to other terms", temos que o caso ideal é estabelecer unha
> bixección entre o conxunto das definicións e o dos termos, co que de
> sócato tiras a maioría das dúbidas acerca de que meter no glosario,
> baseándote en que o glosario non está para aprender <lingua termo>,
> senón que é unha ferramenta que empregan persoas cun bon coñecimento
> da <lingua termo>.

Iso seria nun mundo ideal. Ata eu teño problemas a veces cos
castelanismos. Ver que unha tradución que se me ocorreu a min non está
aceptada pola razón que sexa axúdame a autocorrixirme. Se non se foran
usar estes glosarios para CAT estaria dacordo contigo, pero o caso é
que os usamos para CAT e é mellor contemplar todo para aforrar
problemas e diminuir o número de consultas na lista de correo,
consultas para as que se poderia atopar a resposta sen necesidade de
darme a vara a min, ou a ti.


>> Hai pouco tempo souben tamén que no Pootle tamén teñen o seu servidor
>> de terminoloxía. Non sei como está, pero sabendo que vai estar
>> integrado co Pootle e xa ven directamente cunha interface para
>> comunicarse con ferramentas CAT (polo de agora Pootle, pero adaptar as
>> outras non deberia ser dificil).
>
> Si, xa vos lin na lista de pootle. Aliás, fáltache unha parte da
> última frase (pero sabendo... non leva verbo).

Sabendo xa é verbo.


>> Aqui perdinme un pouco ó ler. Entendo que o que dis é a opción de
>> consultar as traducións a  varios idiomas dun concepto dado (entrada
>> do glosario). Ou sexa, que é algo parecido á opción de terceira lingua
>> que ten o gtranslator para ver a tradución a outro idioma dunha
>> determinada cadea.
>
> Máis ou menos, o que viña a dicir é que se o servidor garda o glosario
> como unha base de datos, abonda unha única base de datos para todos
> eles, non é precisa unha por idioma. Ademáis, dicia que ao obter o
> glosario, a extracción debe peneirar o select, de xeito que só se
> escollan itens con tradución a <lingua termo>. Finalmente, digo que é
> útil iso de que a base de datos sexa multilingüe: así outras linguas
> farán parte do traballo, polo menos a de introducir as definicións,
> eidos, e palabra(s) do inglés.

A estrutura da base de datos seria discutible, pero cada concepto
pertenceria a un glosario e teria traducións. Cada tradución
pertenceria a unha lingua e teria outra caracteristicas. Basicamente
seria coller as partes do TBX que nos fan falta, e mantendo as mesmas
relacións, pasalo a un esquema ER.

Si, o último seria interesante se se chegara a montar un proxecto
unificado para manter e crear a terminoloxia. Se a ferramenta CAT
especifica idioma orixe e idiomas destino o servidor xa axustaria o
select para extraer da base de datos o que interesa.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a