2009/1/21 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> este permite: Definición, eido (subject field), sinónimos en inglés
>> (unha lista, un por liña) e sinónimos na lingua termo (unha lista, un
>> por liña)
> Penso que as ferramentas CAT deberian poder mostrar outras cousas,
> comas as notas, traducións non recomendadas e todas esas cousas que
> temos no actual glosario de Trasno.
[...]
>Tamén estou pensando que cando
> marcamos unha tradución para un concepto como "castelanismo" estaria
> ben podelo ver na ferramenta web de creacion (p.ex. globs) pero isto
> non seria tan importante na ferramenta CAT, xa que con indicar que a
> tradución non é válida xa seria dabondo.

Penso que non debe se debe chegar a iso. O glosario, como
terminografía, ten un carácter normalizador (no sentido de
estandarizar) das traducións, isto é, de empregar un glosario, cando
este prescriba algo, debe empregarse o que poña no glosario e non
outra cousa.
Se a isto engadimos que "Standardisation is normally understood as the
elimination of synonymy and the reduction of polysemy/homonymy, or the
coinage of neologisms to reflect the meaning of the term and its
relations to other terms", temos que o caso ideal é estabelecer unha
bixección entre o conxunto das definicións e o dos termos, co que de
sócato tiras a maioría das dúbidas acerca de que meter no glosario,
baseándote en que o glosario non está para aprender <lingua termo>,
senón que é unha ferramenta que empregan persoas cun bon coñecimento
da <lingua termo>.


>> senón que o dí a LISA, nun documento
>> que trata do aseguramento da calidade da l10n (*). Esa terminografía,
>> o ficheiro TBX, para entendernos, __debe__ ser compartida por todos os
>> membros da equipa de tradución, de aí que ás veces a teña que envainar
>> con cousas como "preview" ;-).
>
> Iso é esperar demasiado :) Xa bastante é que nos dean un contexto decente...

Ah!, pero é que eu estou afeito a traballar para un proxecto (KDE),
onde os da l10n somos tratados de luxo !!!
Non, en serio, con poucos recursos (tanto computacionais como de
funcionalidade), é posíbel cubrir unha parte _grande_ e _fundamental_
das funcionalidades requeridas con isto dos glosarios, e en
consecuencia mellorar non pouco un dos criterios de calidade (*)


> Hai pouco tempo souben tamén que no Pootle tamén teñen o seu servidor
> de terminoloxía. Non sei como está, pero sabendo que vai estar
> integrado co Pootle e xa ven directamente cunha interface para
> comunicarse con ferramentas CAT (polo de agora Pootle, pero adaptar as
> outras non deberia ser dificil).

Si, xa vos lin na lista de pootle. Aliás, fáltache unha parte da
última frase (pero sabendo... non leva verbo).


> Aqui perdinme un pouco ó ler. Entendo que o que dis é a opción de
> consultar as traducións a  varios idiomas dun concepto dado (entrada
> do glosario). Ou sexa, que é algo parecido á opción de terceira lingua
> que ten o gtranslator para ver a tradución a outro idioma dunha
> determinada cadea.

Máis ou menos, o que viña a dicir é que se o servidor garda o glosario
como unha base de datos, abonda unha única base de datos para todos
eles, non é precisa unha por idioma. Ademáis, dicia que ao obter o
glosario, a extracción debe peneirar o select, de xeito que só se
escollan itens con tradución a <lingua termo>. Finalmente, digo que é
útil iso de que a base de datos sexa multilingüe: así outras linguas
farán parte do traballo, polo menos a de introducir as definicións,
eidos, e palabra(s) do inglés.

Saúde!

Responderlle a