Que ben soa todo :D
> Asistentes: > Miguel Branco > Francisco Javier Tsao Santín > Alejo Pacín > Dani Muñiz > Leandro Regueiro > Victor Portela > > > * Os asistentes estiveron de acordo en constituirse como asociacion > independente. Preguntaraselle a xente que saiba do tema para proceder > á constitución, para a que hai que fixar unha data non moi lonxana. > Comentouse que quizais os estatutos puideran crearse a partir dos de > Tagen Ata ou as Ciberirmandades. Os obxectivos a acadar serían os que > se nomearon na rolda de correo, aínda que non se debateron todos eles > (están ao final da mensaxe). Segundo as mensaxes da rolda de correo > catro persoas mostraron a súa disposición a formar parte da directiva: > Miguel Branco, Daniel Muñiz, Marce Villarino, Miguel Bouzada. > Espéranse varias candidaturas. Falouse da posible conveniencia de que > a directiva estea físicamente próxima (non un en Vigo, outro en > Santiago e outro en Ferrol)... > > * Sobre o tema do aloxamento e mailo dominio Jacobo Tarrío comentara > na rolda de correo que de crear a asociación traspasaria a > titularidade do dominio. GPUL ofreceuse para o aloxamento. Dani Muñiz > comentou que non hai problema, que el se ocupa (téñoo cun sorriso así > que disto último non estou moi seguro). > > * Sobre o tema do logotipo decidiuse usar o de Miguel Branco un pouco > retocado. Falouse de pedirlle a Denís (Gatonegro) do GLUG que lle faga > os retoques ou que propoña outro novo. > > * Sobre o tema de ter asemblea anual tódolos anos polo visto é > obrigatorio ter dúas, unha ordinaria e outra extraordinaria. > Comentouse que estas asembleas ou unha delas polo menos se podería > converter no futuro g11n. > > * Sobre o de organizar obradoiros e actividades por creditos de libre > (AFI): resulta que na AFI non é viable xa que só dan os cursos > profesores da universidade. Sobre organizar actividades polas que se > conceden créditos de libre non hai acordo xa que moitos argumentan que > iso saturaría as actividades con xente que non ten interese e só van > polo crédito. Sobre o de organizar obradoiros si hai acordo, pero > deben ser preparados con coidado e deben ser amenos e entretidos (en > clara referencia ao feito por un servidor na XGN). > > * Falouse sobre montar xornadas de captación en filoloxias, tradución, > informática... e estívose de acordo. Falouse da necesidade de artellar > algo na zona de Vigo onde xa hai bastantes trasnegos. > > * Falouse tamén sobre crear material para novos tradutores (textos, > videos), ou mellor dito actualizar e fusionar o existente. Chegouse ao > acordo de que é necesario actualizar e integrar novos formatos como > vídeo e usar plataformas como Youtube, pero comentouse que as opcións > para gravar o escritorio a veces non dan moi boa calidade, e quedouse > en mirar as opcións dispoñibles para facelo posible. > > * Sobre o tema de fusionar os glosarios (a ducia que hai) e o programa > para debater terminoloxia tamén houbo acordo. Quedouse en definir como > sería (web, con buscador, exportar a TBX, varios glosarios, > discusión...) e despois programalo. Dani Muñiz ofreceuse voluntario > para colaborar con Leandro quizais outras persoas interesadas... > despois haberá que contactar cos autores orixinais deses glosarios > para que nos permitan usar (sen restricións) o seu traballo para poder > traballar nun glosario único, que inclúa as propostas de tódolos > glosarios, xa sexa como opción aceptada ou desaconsellada... > > * Sobre o tema de montarnos un open-tran propio pero completiño houbo > acordo. Acordouse falar cos desenvolvedores para crear un paquete e > facilitar así a instalación e intentar incluír tódalas traducións > libres que poidan localizar, así como montalo de xeito que se > actualice periodicamente eliminando as vellas traducións. > > * Sobre o tema do atlas da crtvg e os toponimos, acordouse recompilar > unha lista dos nomes dos paises, subdivisions dos paises, linguas, de > moedas, fusos horarios, escrituras ou alfabetos que vai facer Miguel > Branco a partir dos ficheiros do Translation Project, KDE, GNOME, > Xfce... para ir vendo que é o que realmente hai que traducir. Despois > aproveitando o traballo da crtvg completaremos a lista. > > * Sobre o tema da guía de estilo chegouse ao acordo de que a de > Mancomún está ben para comezar, pero non nos gusta a licenza (ten que > ser libre) hai que separar a parte do asentamento de terminoloxía da > guía de estilo. Ademais a parte do asentamento de terminoloxía precisa > cambios. > > * Falouse sobre a posibilidade de montar unha instalación de Transifex > para gardar unha copia local de todo e quizais integralo ca > instalación do Open-tran para que o Transifex lle obteña os ficheiros > a Open-tran. No caso de instalar tamén un Pootle tamén viria ben. > > * Falouse tamén sobre montar un Pootle pero non se viu nada claro. A > única razón importante é para axudarlle aos novos tradutores, aínda > que se dixo que dándolle un bo obradoiro de iniciación ás ferramentas > de escritorio terían coñecementos suficientes para comezar, aínda que > non experiencia coma os tradutores que xa levan un tempo... > > * Sobre o da corrección de erros falouse moi pouco. Quizais se poida > integrar con Open-tran e montar algún tipo de interface para ver o > estado dos erros e notificar aos encargados de corrixilos... Queda > pendente de debates posteriores. > > > > Motivos para constituirnos en asociación: > > * para poder relacionarse ca Xunta e outros organismos (que requiran > ter entidade legal), para solicitar liberación de recursos, axudas > económicas (se queremos), asinar convenios de colaboración,... > > * para ter recursos económicos para pagar dominio, aloxamento, > organizar xornadas, obradoiros e outros eventos, e se esaxeramos > moito, ata poderiamos contratar a alguén que nos revise as traducións > > * para publicitarnos de xeito máis efectivo e atraer novos > voluntarios, lingüistas e terminólogos que axuden na terminoloxía, > revisen as traducións, e para que máis xente nos coñeza e recoñeza o > noso traballo > > * para dar certificados para os currículos, créditos para os estudos, > espallar coñecementos (como se traduce)... > > > Creo que puxen todo. Ata logo, > Leandro Regueiro

