>> Asistentes:
>> Miguel Branco
>> Francisco Javier Tsao Santín
>> Alejo Pacín
>> Dani Muñiz
>> Leandro Regueiro
>> Victor Portela
>>
>>
>>  * Os asistentes estiveron de acordo en constituirse como asociacion
>> independente. Preguntaraselle a xente que saiba do tema para proceder
>> á constitución, para a que hai que fixar unha data non moi lonxana.
>> Comentouse que quizais os estatutos puideran crearse a partir dos de
>> Tagen Ata ou as Ciberirmandades. Os obxectivos a acadar serían os que
>> se nomearon na rolda de correo, aínda que non se debateron todos eles
>> (están ao final da mensaxe). Segundo as mensaxes da rolda de correo
>> catro persoas mostraron a súa disposición a formar parte da directiva:
>> Miguel Branco, Daniel Muñiz, Marce Villarino, Miguel Bouzada.
>> Espéranse varias candidaturas. Falouse da posible conveniencia de que
>> a directiva estea físicamente próxima (non un en Vigo, outro en
>> Santiago e outro en Ferrol)...
>>
>>  * Sobre o tema do aloxamento e mailo dominio Jacobo Tarrío comentara
>> na rolda de correo que de crear a asociación traspasaria a
>> titularidade do dominio. GPUL ofreceuse para o aloxamento. Dani Muñiz
>> comentou que non hai problema, que el se ocupa (téñoo cun sorriso así
>> que disto último non estou moi seguro).
>>
>> * Sobre o tema do logotipo decidiuse usar o de Miguel Branco un pouco
>> retocado. Falouse de pedirlle a Denís (Gatonegro) do GLUG que lle faga
>> os retoques ou que propoña outro novo.
>>
>> * Sobre o tema de ter asemblea anual tódolos anos polo visto é
>> obrigatorio ter dúas, unha ordinaria e outra extraordinaria.
>> Comentouse que estas asembleas ou unha delas polo menos se podería
>> converter no futuro g11n.
>>
>> * Sobre o de organizar obradoiros e actividades por creditos de libre
>> (AFI): resulta que na AFI non é viable xa que só dan os cursos
>> profesores da universidade. Sobre organizar actividades polas que se
>> conceden créditos de libre non hai acordo xa que moitos argumentan que
>> iso saturaría as actividades con xente que non ten interese e só van
>> polo crédito. Sobre o de organizar obradoiros si hai acordo, pero
>> deben ser preparados con coidado e deben ser amenos e entretidos (en
>> clara referencia ao feito por un servidor na XGN).
>>
>> * Falouse sobre montar xornadas de captación en filoloxias, tradución,
>> informática... e estívose de acordo. Falouse da necesidade de artellar
>> algo na zona de Vigo onde xa hai bastantes trasnegos.
>>
>> * Falouse tamén sobre crear material para novos tradutores (textos,
>> videos), ou mellor dito actualizar e fusionar o existente. Chegouse ao
>> acordo de que é necesario actualizar e integrar novos formatos como
>> vídeo e usar plataformas como Youtube, pero comentouse que as opcións
>> para gravar o escritorio a veces non dan moi boa calidade, e quedouse
>> en mirar as opcións dispoñibles para facelo posible.
>>
>> * Sobre o tema de fusionar os glosarios (a ducia que hai) e o programa
>> para debater terminoloxia tamén houbo acordo. Quedouse en definir como
>> sería (web, con buscador, exportar a TBX, varios glosarios,
>> discusión...) e despois programalo. Dani Muñiz ofreceuse voluntario
>> para colaborar con Leandro quizais outras persoas interesadas...
>> despois haberá que contactar cos autores orixinais deses glosarios
>> para que nos permitan usar (sen restricións) o seu traballo para poder
>> traballar nun glosario único, que inclúa as propostas de tódolos
>> glosarios, xa sexa como opción aceptada ou desaconsellada...
>>
>> * Sobre o tema de montarnos un open-tran propio pero completiño houbo
>> acordo. Acordouse falar cos desenvolvedores para crear un paquete e
>> facilitar así a instalación e intentar incluír tódalas traducións
>> libres que poidan localizar, así como montalo de xeito que se
>> actualice periodicamente eliminando as vellas traducións.
>>
>> * Sobre o tema do atlas da crtvg e os toponimos, acordouse recompilar
>> unha lista dos nomes dos paises, subdivisions dos paises, linguas, de
>> moedas, fusos horarios, escrituras ou alfabetos que vai facer Miguel
>> Branco a partir dos ficheiros do Translation Project, KDE, GNOME,
>> Xfce... para ir vendo que é o que realmente hai que traducir. Despois
>> aproveitando o traballo da crtvg completaremos a lista.
>>
>> * Sobre o tema da guía de estilo chegouse ao acordo de que a de
>> Mancomún está ben para comezar, pero non nos gusta a licenza (ten que
>> ser libre) hai que separar a parte do asentamento de terminoloxía da
>> guía de estilo. Ademais a parte do asentamento de terminoloxía precisa
>> cambios.
>>
>> * Falouse sobre a posibilidade de montar unha instalación de Transifex
>> para gardar unha copia local de todo e quizais integralo ca
>> instalación do Open-tran para que o Transifex lle obteña os ficheiros
>> a Open-tran. No caso de instalar tamén un Pootle tamén viria ben.
>>
>> * Falouse tamén sobre montar un Pootle pero non se viu nada claro. A
>> única razón importante é para axudarlle aos novos tradutores, aínda
>> que se dixo que dándolle un bo obradoiro de iniciación ás ferramentas
>> de escritorio terían coñecementos suficientes para comezar, aínda que
>> non experiencia coma os tradutores que xa levan un tempo...
>>
>> * Sobre o da corrección de erros falouse moi pouco. Quizais se poida
>> integrar con Open-tran e montar algún tipo de interface para ver o
>> estado dos erros e notificar aos encargados de corrixilos... Queda
>> pendente de debates posteriores.
>>
>>
>>
>> Motivos para constituirnos en asociación:
>>
>> * para poder relacionarse ca Xunta e outros organismos (que requiran
>> ter entidade legal), para solicitar liberación de recursos, axudas
>> económicas (se queremos), asinar convenios de colaboración,...
>>
>>  * para ter recursos económicos para pagar dominio, aloxamento,
>> organizar xornadas, obradoiros e outros eventos, e se esaxeramos
>> moito, ata poderiamos contratar a alguén que nos revise as traducións
>>
>>  * para publicitarnos de xeito máis efectivo e atraer novos
>> voluntarios, lingüistas e terminólogos que axuden na terminoloxía,
>> revisen as traducións, e para que máis xente nos coñeza e recoñeza o
>> noso traballo
>>
>>  * para dar certificados para os currículos, créditos para os estudos,
>> espallar coñecementos (como se traduce)...
>>
>>
>> Creo que puxen todo. Ata logo,
>>                                                        Leandro Regueiro
>
> Que ben soa todo :D

Agora que o resto diga algo, non pensedes que isto vai unha chea de
decisións tomadas de xeito unilateral.

Ata logo,
                       Leandro regueiro

Responderlle a