O meu apoio para a constitución da asociación.

Xosé


>Re: Resumo do falado na xuntanza Trasno Norte
>De:
>Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>
>  Para:
>Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>  CC:
>"Trasno - Lista" <proxecto@trasno.net>
>  Data:
>Hoxe 18:09:22
>
>  Estado do Correo Lixo: CRM114 0% de probabilidade de ser correo non
> desexado.
>
>Informe completo:
>Good  ( pR: 60.1563 )
>
>
>2009/5/15 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
> Asistentes:
> Miguel Branco
> Francisco Javier Tsao Santín
> Alejo Pacín
> Dani Muñiz
> Leandro Regueiro
> Victor Portela
>
>
>  * Os asistentes estiveron de acordo en constituirse como asociacion
> independente. Preguntaraselle a xente que saiba do tema para proceder
> á constitución, para a que hai que fixar unha data non moi lonxana.
> Comentouse que quizais os estatutos puideran crearse a partir dos de
> Tagen Ata ou as Ciberirmandades.
>
>Eu empregaría un "estatuto formal" nada que cinga demasiado. Deixar que o
> "regulamento interno" (que está claro que en trasno non ter que ser
> escrito) sexa quen defina o máis importante.
>
>Os obxectivos a acadar serían os que
> se nomearon na rolda de correo, aínda que non se debateron todos eles
> (están ao final da mensaxe). Segundo as mensaxes da rolda de correo
> catro persoas mostraron a súa disposición a formar parte da directiva:
> Miguel Branco, Daniel Muñiz, Marce Villarino, Miguel Bouzada.
>
> Espéranse varias candidaturas. Falouse da posible conveniencia de que
> a directiva estea físicamente próxima (non un en Vigo, outro en
> Santiago e outro en Ferrol)...
>
>Eu estou en Vigo, lonxe de trasno-norte :-) pero sempre hai formas de
> artellar as cousas, o pgp fai marabillas.
>
>Entendase isto... non estou a postularme, nin os meus lios nin a miña saude
> (menos aínda o meu carácter) fanme candidato para nada, pero creo que
> hoxendia as distancias non o son, alomenos no nosos contorno.
>
>
> Please, don't change a translation already done before discussing it in
> the ubuntu-es-l10n and/or the GNOME mailing list. We should use the same
> criteria used by the GNOME upstream translators, and they use «vídeo»
> over «video»:
>  * Sobre o tema do aloxamento e mailo dominio Jacobo Tarrío comentara
> na rolda de correo que de crear a asociación traspasaria a
> titularidade do dominio. GPUL ofreceuse para o aloxamento. Dani Muñiz
> comentou que non hai problema, que el se ocupa (téñoo cun sorriso así
> que disto último non estou moi seguro).
>
> * Sobre o tema do logotipo decidiuse usar o de Miguel Branco un pouco
> retocado. Falouse de pedirlle a Denís (Gatonegro) do GLUG que lle faga
> os retoques ou que propoña outro novo.
>
> * Sobre o tema de ter asemblea anual tódolos anos polo visto é
> obrigatorio ter dúas, unha ordinaria e outra extraordinaria.
> Comentouse que estas asembleas ou unha delas polo menos se podería
> converter no futuro g11n.
>
> * Sobre o de organizar obradoiros e actividades por creditos de libre
> (AFI): resulta que na AFI non é viable xa que só dan os cursos
> profesores da universidade. Sobre organizar actividades polas que se
> conceden créditos de libre non hai acordo xa que moitos argumentan que
> iso saturaría as actividades con xente que non ten interese e só van
> polo crédito. Sobre o de organizar obradoiros si hai acordo, pero
> deben ser preparados con coidado e deben ser amenos e entretidos (en
> clara referencia ao feito por un servidor na XGN).
>
> * Falouse sobre montar xornadas de captación en filoloxias, tradución,
> informática... e estívose de acordo. Falouse da necesidade de artellar
> algo na zona de Vigo onde xa hai bastantes trasnegos.
>
> * Falouse tamén sobre crear material para novos tradutores (textos,
> videos), ou mellor dito actualizar e fusionar o existente. Chegouse ao
> acordo de que é necesario actualizar e integrar novos formatos como
> vídeo e usar plataformas como Youtube, pero comentouse que as opcións
> para gravar o escritorio a veces non dan moi boa calidade, e quedouse
> en mirar as opcións dispoñibles para facelo posible.
>
> * Sobre o tema de fusionar os glosarios (a ducia que hai) e o programa
> para debater terminoloxia tamén houbo acordo. Quedouse en definir como
> sería (web, con buscador, exportar a TBX, varios glosarios,
> discusión...) e despois programalo. Dani Muñiz ofreceuse voluntario
> para colaborar con Leandro quizais outras persoas interesadas...
> despois haberá que contactar cos autores orixinais deses glosarios
> para que nos permitan usar (sen restricións) o seu traballo para poder
> traballar nun glosario único, que inclúa as propostas de tódolos
> glosarios, xa sexa como opción aceptada ou desaconsellada...
>
> * Sobre o tema de montarnos un open-tran propio pero completiño houbo
> acordo. Acordouse falar cos desenvolvedores para crear un paquete e
> facilitar así a instalación e intentar incluír tódalas traducións
> libres que poidan localizar, así como montalo de xeito que se
> actualice periodicamente eliminando as vellas traducións.
>
> * Sobre o tema do atlas da crtvg e os toponimos, acordouse recompilar
> unha lista dos nomes dos paises, subdivisions dos paises, linguas, de
> moedas, fusos horarios, escrituras ou alfabetos que vai facer Miguel
> Branco a partir dos ficheiros do Translation Project, KDE, GNOME,
> Xfce... para ir vendo que é o que realmente hai que traducir. Despois
> aproveitando o traballo da crtvg completaremos a lista.
>
> * Sobre o tema da guía de estilo chegouse ao acordo de que a de
> Mancomún está ben para comezar, pero non nos gusta a licenza (ten que
> ser libre) hai que separar a parte do asentamento de terminoloxía da
> guía de estilo. Ademais a parte do asentamento de terminoloxía precisa
> cambios.
>
>
>Concordo do anterior
>
>
> * Falouse sobre a posibilidade de montar unha instalación de Transifex
> para gardar unha copia local de todo e quizais integralo ca
> instalación do Open-tran para que o Transifex lle obteña os ficheiros
> a Open-tran. No caso de instalar tamén un Pootle tamén viria ben.
>
>
> * Falouse tamén sobre montar un Pootle pero non se viu nada claro. A
> única razón importante é para axudarlle aos novos tradutores,
>
>Cando comecei fíxeno sobre poEdit, pareceume máis natural que as interfaces
> web
>
> aínda
> que se dixo que dándolle un bo obradoiro de iniciación ás ferramentas
> de escritorio terían coñecementos suficientes para comezar, aínda que
> non experiencia coma os tradutores que xa levan un tempo...
>
> * Sobre o da corrección de erros falouse moi pouco. Quizais se poida
> integrar con Open-tran e montar algún tipo de interface para ver o
> estado dos erros e notificar aos encargados de corrixilos... Queda
> pendente de debates posteriores.
>
>
>
> Motivos para constituirnos en asociación:
>
> * para poder relacionarse ca Xunta e outros organismos (que requiran
> ter entidade legal), para solicitar liberación de recursos, axudas
> económicas (se queremos), asinar convenios de colaboración,...
>
>  * para ter recursos económicos para pagar dominio, aloxamento,
> organizar xornadas, obradoiros e outros eventos, e se esaxeramos
> moito, ata poderiamos contratar a alguén que nos revise as traducións
>
>  * para publicitarnos de xeito máis efectivo e atraer novos
> voluntarios, lingüistas e terminólogos que axuden na terminoloxía,
> revisen as traducións, e para que máis xente nos coñeza e recoñeza o
> noso traballo
>
>  * para dar certificados para os currículos, créditos para os estudos,
> espallar coñecementos (como se traduce)...
>
>Salvadas as pequenas notas (que só son iso, notas) concordo con todo
>
>
> Creo que puxen todo. Ata logo,
>                                                       Leandro Regueiro

Responderlle a