Asistentes:
Miguel Branco
Francisco Javier Tsao Santín
Alejo Pacín
Dani Muñiz
Leandro Regueiro
Victor Portela


 * Os asistentes estiveron de acordo en constituirse como asociacion
independente. Preguntaraselle a xente que saiba do tema para proceder
á constitución, para a que hai que fixar unha data non moi lonxana.
Comentouse que quizais os estatutos puideran crearse a partir dos de
Tagen Ata ou as Ciberirmandades. Os obxectivos a acadar serían os que
se nomearon na rolda de correo, aínda que non se debateron todos eles
(están ao final da mensaxe). Segundo as mensaxes da rolda de correo
catro persoas mostraron a súa disposición a formar parte da directiva:
Miguel Branco, Daniel Muñiz, Marce Villarino, Miguel Bouzada.
Espéranse varias candidaturas. Falouse da posible conveniencia de que
a directiva estea físicamente próxima (non un en Vigo, outro en
Santiago e outro en Ferrol)...

 * Sobre o tema do aloxamento e mailo dominio Jacobo Tarrío comentara
na rolda de correo que de crear a asociación traspasaria a
titularidade do dominio. GPUL ofreceuse para o aloxamento. Dani Muñiz
comentou que non hai problema, que el se ocupa (téñoo cun sorriso así
que disto último non estou moi seguro).

* Sobre o tema do logotipo decidiuse usar o de Miguel Branco un pouco
retocado. Falouse de pedirlle a Denís (Gatonegro) do GLUG que lle faga
os retoques ou que propoña outro novo.

* Sobre o tema de ter asemblea anual tódolos anos polo visto é
obrigatorio ter dúas, unha ordinaria e outra extraordinaria.
Comentouse que estas asembleas ou unha delas polo menos se podería
converter no futuro g11n.

* Sobre o de organizar obradoiros e actividades por creditos de libre
(AFI): resulta que na AFI non é viable xa que só dan os cursos
profesores da universidade. Sobre organizar actividades polas que se
conceden créditos de libre non hai acordo xa que moitos argumentan que
iso saturaría as actividades con xente que non ten interese e só van
polo crédito. Sobre o de organizar obradoiros si hai acordo, pero
deben ser preparados con coidado e deben ser amenos e entretidos (en
clara referencia ao feito por un servidor na XGN).

* Falouse sobre montar xornadas de captación en filoloxias, tradución,
informática... e estívose de acordo. Falouse da necesidade de artellar
algo na zona de Vigo onde xa hai bastantes trasnegos.

* Falouse tamén sobre crear material para novos tradutores (textos,
videos), ou mellor dito actualizar e fusionar o existente. Chegouse ao
acordo de que é necesario actualizar e integrar novos formatos como
vídeo e usar plataformas como Youtube, pero comentouse que as opcións
para gravar o escritorio a veces non dan moi boa calidade, e quedouse
en mirar as opcións dispoñibles para facelo posible.

* Sobre o tema de fusionar os glosarios (a ducia que hai) e o programa
para debater terminoloxia tamén houbo acordo. Quedouse en definir como
sería (web, con buscador, exportar a TBX, varios glosarios,
discusión...) e despois programalo. Dani Muñiz ofreceuse voluntario
para colaborar con Leandro quizais outras persoas interesadas...
despois haberá que contactar cos autores orixinais deses glosarios
para que nos permitan usar (sen restricións) o seu traballo para poder
traballar nun glosario único, que inclúa as propostas de tódolos
glosarios, xa sexa como opción aceptada ou desaconsellada...

* Sobre o tema de montarnos un open-tran propio pero completiño houbo
acordo. Acordouse falar cos desenvolvedores para crear un paquete e
facilitar así a instalación e intentar incluír tódalas traducións
libres que poidan localizar, así como montalo de xeito que se
actualice periodicamente eliminando as vellas traducións.

* Sobre o tema do atlas da crtvg e os toponimos, acordouse recompilar
unha lista dos nomes dos paises, subdivisions dos paises, linguas, de
moedas, fusos horarios, escrituras ou alfabetos que vai facer Miguel
Branco a partir dos ficheiros do Translation Project, KDE, GNOME,
Xfce... para ir vendo que é o que realmente hai que traducir. Despois
aproveitando o traballo da crtvg completaremos a lista.

* Sobre o tema da guía de estilo chegouse ao acordo de que a de
Mancomún está ben para comezar, pero non nos gusta a licenza (ten que
ser libre) hai que separar a parte do asentamento de terminoloxía da
guía de estilo. Ademais a parte do asentamento de terminoloxía precisa
cambios.

* Falouse sobre a posibilidade de montar unha instalación de Transifex
para gardar unha copia local de todo e quizais integralo ca
instalación do Open-tran para que o Transifex lle obteña os ficheiros
a Open-tran. No caso de instalar tamén un Pootle tamén viria ben.

* Falouse tamén sobre montar un Pootle pero non se viu nada claro. A
única razón importante é para axudarlle aos novos tradutores, aínda
que se dixo que dándolle un bo obradoiro de iniciación ás ferramentas
de escritorio terían coñecementos suficientes para comezar, aínda que
non experiencia coma os tradutores que xa levan un tempo...

* Sobre o da corrección de erros falouse moi pouco. Quizais se poida
integrar con Open-tran e montar algún tipo de interface para ver o
estado dos erros e notificar aos encargados de corrixilos... Queda
pendente de debates posteriores.



Motivos para constituirnos en asociación:

* para poder relacionarse ca Xunta e outros organismos (que requiran
ter entidade legal), para solicitar liberación de recursos, axudas
económicas (se queremos), asinar convenios de colaboración,...

 * para ter recursos económicos para pagar dominio, aloxamento,
organizar xornadas, obradoiros e outros eventos, e se esaxeramos
moito, ata poderiamos contratar a alguén que nos revise as traducións

 * para publicitarnos de xeito máis efectivo e atraer novos
voluntarios, lingüistas e terminólogos que axuden na terminoloxía,
revisen as traducións, e para que máis xente nos coñeza e recoñeza o
noso traballo

 * para dar certificados para os currículos, créditos para os estudos,
espallar coñecementos (como se traduce)...


Creo que puxen todo. Ata logo,
                                                       Leandro Regueiro

Responderlle a