Miguel Bouzada escribiu:
2009/5/27 damufo <[email protected] <mailto:[email protected]>>
Leandro Regueiro escribiu:
Xuntando varios anacos de varias respostas:
Simplemente se trata de deixar facer a esa persoa
que todos elixiron.
Se se quere que a asemblea aprobe o equipo directivo
unha vez elixido
polo presidente pois vale. Isto non deixa de ser
unha moción de censura
a cal se debería poder facer en calquera momento.
nos estatutos está que a asamblea extraordinaria, que
manda sobre do
presidente por voto en maioria ou en 2/3 dependendo de
qué, pode ser convocada
cando o soliciten o 20%. Alguén baixaría ou subiría a
porcentaxe?
É que penso que a porcentaxe dependeria do número de socios e
tamén da
súa participación. Na lista de Trasno hai varias ducias de persoas
subscritas pero menos dunha ducia participa a miúdo.
O de que a asemblea aprobe o directivo paréceme ben.
De algunha forma hai
que asegurar que en todo momento aasemblea estea de
acordo coa directiva ao
completo, non só co presidente.
se os cargos se elixen individualmente non debería haber
problemas, se o
presidente elixe secretario e tesoureiro si que os
podería haber, penso.
Entón como queda a cousa, confiamos no criterio do presidente
(digamos
que para aforrar problemas na candidatura xa se indican as súas
propostas para secretario e tesoureiro) ou especificamos que na
elección da directiva a asemblea manda?
Ocorreseme, que unha vez elixido presidente este elixe ao seu
equipo. E se se quere (ou tamén se así o decide X porcentaxe de
socios), unha vez elixido o equipo, a asemblea ha de ratificalo para
que sexa válido.
Esta forma de elección "presidencialista baixo autorización" é
absolutamente non operativa.
1. Precedese en asemblea a elección do presidente.
2. Convocase nova asemblea (suponse que terá que haber un plazo para
ilo) para ratificar a xunta proposta.
3. Acontece que non sae aprobada.
4. Nova proposta e nova asemblea...
E así meses, todo por optar por un sistema presidencialista.
Pois daquela sempre prefiro un sistema no que todos elixen un
responsable e este forma seu equipo. Supoño que é cuestión de
preferencias ou gustos.
Outra opción que se me ocorre (e tamén soluciona os inconvenientes
indicados) é que se presenten listas de equipos e no canto de elixir un
presidente se elixa un equipo formado polo presidente, tesoureiro...
Púxenno só para detallar un pouco as principais
funcións a satisfacer
durante a vida dun software: xa temos influído, ou
polo menos
tentámolo, no lokalize, no poedit, no gtranslator e
no pootle, non?,
no deseño de como facer as cousas, ou no código,
caso do gtranslator
aínda de nacho o fixese extra-trasno, temos probado
versións previas á
publicación, metido parches (o do hunspell para o
kspell3 no kbabel),
temos comentado acerca da documentación (lokalize),
e defectos da i18n
(kmymoney e outros moitos), en maior ou menos medida
en cada caso, e
con maior ou menor fortuna.
Dar servizo técnico (i.e. actuar de hot-line
mediante correo) e facer
publicidade é o que nos queda. Non somos/seremos
empresa, pero se non
hai empresa que o faga e o precisas, pois vaise aló
e listo; máis
adiante detallei a causa: poder recibir e dar pelas
para pagar
pequenos desenvolvimentos.
ah, ok aclarada a miña pregunta de antes. stou d'acordo.
Vale, estou de acordo en liñas xerais.
Vale. O nome case me da igual. Unha cousa, como
veriades de introducir
que nos autodenominamos "trasnegos"? :)
bem
máis opinións?
Eras ti o que dixera que a próxima asemblea teria
que ser en Vigo para
non deixalos descoidados? :)
haberá que ir buscando local en Vigho
Cantos somos en Vigo?
http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&hl=gl&msa=0&msid=109621810617065507417.00044fd9b70271e3b5d0b&t=h&z=7
<http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&hl=gl&msa=0&msid=109621810617065507417.00044fd9b70271e3b5d0b&t=h&z=7>
Eu tamen estou en Vigo e hai un bar (en pleno centro, cerca de Principe)
no que a partires de agora vai facer as xuntanzas GALPon que ten unha
planta que nos ceden para as galponadas e os barcamp, é bastante cómodo,
ten wifi, se o tendes a ben, comento a posibilidade cos donos.
Ata logo,
Leandro Regueiro
--
To unsubscribe, send mail to [email protected]
<mailto:[email protected]>.
--
"Por favor, non me envíe documentos con extensións .doc, .docx, .xls,
.xlsx, .ppt, .pptx
Podes atoparme en GTalk e máis en jabberes.org <http://jabberes.org> e
na sala [email protected]
<mailto:[email protected]>