Xuntando varios anacos de varias respostas: >>> Simplemente se trata de deixar facer a esa persoa que todos elixiron. >>> Se se quere que a asemblea aprobe o equipo directivo unha vez elixido >>> polo presidente pois vale. Isto non deixa de ser unha moción de censura >>> a cal se debería poder facer en calquera momento. >> >> nos estatutos está que a asamblea extraordinaria, que manda sobre do >> presidente por voto en maioria ou en 2/3 dependendo de qué, pode ser >> convocada >> cando o soliciten o 20%. Alguén baixaría ou subiría a porcentaxe?
É que penso que a porcentaxe dependeria do número de socios e tamén da súa participación. Na lista de Trasno hai varias ducias de persoas subscritas pero menos dunha ducia participa a miúdo. >>> O de que a asemblea aprobe o directivo paréceme ben. De algunha forma hai >>> que asegurar que en todo momento aasemblea estea de acordo coa directiva ao >>> completo, non só co presidente. >> >> se os cargos se elixen individualmente non debería haber problemas, se o >> presidente elixe secretario e tesoureiro si que os podería haber, penso. Entón como queda a cousa, confiamos no criterio do presidente (digamos que para aforrar problemas na candidatura xa se indican as súas propostas para secretario e tesoureiro) ou especificamos que na elección da directiva a asemblea manda? >>> Púxenno só para detallar un pouco as principais funcións a satisfacer >>> durante a vida dun software: xa temos influído, ou polo menos >>> tentámolo, no lokalize, no poedit, no gtranslator e no pootle, non?, >>> no deseño de como facer as cousas, ou no código, caso do gtranslator >>> aínda de nacho o fixese extra-trasno, temos probado versións previas á >>> publicación, metido parches (o do hunspell para o kspell3 no kbabel), >>> temos comentado acerca da documentación (lokalize), e defectos da i18n >>> (kmymoney e outros moitos), en maior ou menos medida en cada caso, e >>> con maior ou menor fortuna. >>> >>> Dar servizo técnico (i.e. actuar de hot-line mediante correo) e facer >>> publicidade é o que nos queda. Non somos/seremos empresa, pero se non >>> hai empresa que o faga e o precisas, pois vaise aló e listo; máis >>> adiante detallei a causa: poder recibir e dar pelas para pagar >>> pequenos desenvolvimentos. >> >> ah, ok aclarada a miña pregunta de antes. stou d'acordo. Vale, estou de acordo en liñas xerais. >>> Vale. O nome case me da igual. Unha cousa, como veriades de introducir >>> que nos autodenominamos "trasnegos"? :) >> >> bem máis opinións? >>> Eras ti o que dixera que a próxima asemblea teria que ser en Vigo para >>> non deixalos descoidados? :) >> >> haberá que ir buscando local en Vigho > > Cantos somos en Vigo? http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&hl=gl&msa=0&msid=109621810617065507417.00044fd9b70271e3b5d0b&t=h&z=7 Ata logo, Leandro Regueiro

