Miguel Branco escribiu:
Púxenno só para detallar un pouco as principais funcións a satisfacer
durante a vida dun software: xa temos influído, ou polo menos
tentámolo, no lokalize, no poedit, no gtranslator e no pootle, non?,
no deseño de como facer as cousas, ou no código, caso do gtranslator
aínda de nacho o fixese extra-trasno, temos probado versións previas á
publicación, metido parches (o do hunspell para o kspell3 no kbabel),
temos comentado acerca da documentación (lokalize), e defectos da i18n
(kmymoney e outros moitos), en maior ou menos medida en cada caso, e
con maior ou menor fortuna.
Dar servizo técnico (i.e. actuar de hot-line mediante correo) e facer
publicidade é o que nos queda. Non somos/seremos empresa, pero se non
hai empresa que o faga e o precisas, pois vaise aló e listo; máis
adiante detallei a causa: poder recibir e dar pelas para pagar
pequenos desenvolvimentos.

ah, ok aclarada a miña pregunta de antes. stou d'acordo.


concordo

Responderlle a