Leandro Regueiro escribiu:
Xuntando varios anacos de varias respostas:

Simplemente se trata de deixar facer a esa persoa que todos elixiron.
Se se quere que a asemblea aprobe o equipo directivo unha vez elixido
polo presidente pois vale. Isto non deixa de ser unha moción de censura
a cal se debería poder facer en calquera momento.
nos estatutos está que a asamblea extraordinaria, que manda sobre do
presidente por voto en maioria ou en 2/3 dependendo de qué, pode ser convocada
cando o soliciten o 20%. Alguén baixaría ou subiría a porcentaxe?

É que penso que a porcentaxe dependeria do número de socios e tamén da
súa participación. Na lista de Trasno hai varias ducias de persoas
subscritas pero menos dunha ducia participa a miúdo.

O de que a asemblea aprobe o directivo paréceme ben. De algunha forma hai
que asegurar que en todo momento aasemblea estea de acordo coa directiva ao
completo, non só co presidente.
se os cargos se elixen individualmente non debería haber problemas, se o
presidente elixe secretario e tesoureiro si que os podería haber, penso.

Entón como queda a cousa, confiamos no criterio do presidente (digamos
que para aforrar problemas na candidatura xa se indican as súas
propostas para secretario e tesoureiro) ou especificamos que na
elección da directiva a asemblea manda?
Ocorreseme, que unha vez elixido presidente este elixe ao seu equipo. E se se quere (ou tamén se así o decide X porcentaxe de socios), unha vez elixido o equipo, a asemblea ha de ratificalo para que sexa válido.


Púxenno só para detallar un pouco as principais funcións a satisfacer
durante a vida dun software: xa temos influído, ou polo menos
tentámolo, no lokalize, no poedit, no gtranslator e no pootle, non?,
no deseño de como facer as cousas, ou no código, caso do gtranslator
aínda de nacho o fixese extra-trasno, temos probado versións previas á
publicación, metido parches (o do hunspell para o kspell3 no kbabel),
temos comentado acerca da documentación (lokalize), e defectos da i18n
(kmymoney e outros moitos), en maior ou menos medida en cada caso, e
con maior ou menor fortuna.

Dar servizo técnico (i.e. actuar de hot-line mediante correo) e facer
publicidade é o que nos queda. Non somos/seremos empresa, pero se non
hai empresa que o faga e o precisas, pois vaise aló e listo; máis
adiante detallei a causa: poder recibir e dar pelas para pagar
pequenos desenvolvimentos.
ah, ok aclarada a miña pregunta de antes. stou d'acordo.

Vale, estou de acordo en liñas xerais.

Vale. O nome case me da igual. Unha cousa, como veriades de introducir
que nos autodenominamos "trasnegos"? :)
bem

máis opinións?

Eras ti o que dixera que a próxima asemblea teria que ser en Vigo para
non deixalos descoidados? :)
haberá que ir buscando local en Vigho
Cantos somos en Vigo?

http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&hl=gl&msa=0&msid=109621810617065507417.00044fd9b70271e3b5d0b&t=h&z=7

Ata logo,
                    Leandro Regueiro


Responderlle a