xa me enviaron dende o proxecto Bluefish o arquivo .po e estoume familiarizando co poedit e traducindo as primeiras liñas.

Vexo en trasno.net que aparecen no listado "outros" os programas que non dependen directamente dunha distribución linux (blueman, firefox,amule....). Estas traduccións son revisadas e enviadas polo proxecto Trasno ós que escriben os programas? ou simplemente
é un listado, unha recopilación?
Preguntoo porque cando remate de traducir o Blufish podo enviarllela directamente a eles ou a Trasno para que poida ser tida en conta neste listado. Qué me recomendades?

xa non pregunto máis ate que remate o traballo :D :D


En Mon, 14 Sep 2009 17:16:00 +0200, Miguel Branco <bandu...@gmail.com> escribiu:

Ola Xosé,

encantados de que te pases pola lista!.

ti vai preguntando segundo o vaias necesitanto, por moi estúpidas que
parezan as dúbidas. Nos encantados de che axudarpois que fai falta man de
obra xD.

Se queres usar unha ferramenta específica de tradución seguro que tes
manuais de como usalas, senón sabes que usar, preguntas por aquí. Se usas
linux tes poedit (tm mac e win), gtranslator, kbabel, lokalize e outros que
seguro me esquenzo deles.

PD: axudaria que nas cabeceiras dos correos puxeras tamén o apelido ou algo
para distinguirte mellor xq xa temos un Xosé por aquí.

saúdos e benvido!!

saúdos,

Miguel Branco


--

-----------------  Xose M.  -----------------

Responderlle a