2009/9/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2009/9/16 damufo <dam...@gmail.com>:
>> Boas:
>> Penso que non hai nada estipulado ao respecto, se non me erro o mellor é que
>> envíes a tradución ao/s mantedor/es do aplicativo. Sería bo que deses de
>> alta unha alínea na wiki de trasno indicando os datos do proxecto... o que
>> vexas... (mira os que xa están feitos).
>
> Esa lista é de programas que non pertencen á tradución dunha
> distribución, nin á dun ambiente de escritorio. Os que aparecen na
> parte superior de http://trasno.net/outros:inicio son traducións que
> están mantidas, e as de baixo son certos programas orfos ou que aínda
> nunca se traduciron e que fomos xuntando aí por se alguén se animaba.

Por certo, se te pos a elo en serio seria boa idea que se creara unha
páxina específica na parte superior da devandita páxina da wiki de
Trasno, para que o resto da xente saiba quen está mantendo a
tradución.

E se tes dúbidas sobre algo, aínda que sexa unha parvada, pregunta.
Ninguén de nós controlaba do tema cando comezamos.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a