2009/10/14 damufo <[email protected]>: > Boas: > Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña > esperar para a creación da asociación trasno. > Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos ven > motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos membros > de trasno a integración en CIF decidiuse a creación dunha nova entidade. > > Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar sen > ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder estar máis > unidos ou formar un grupo máis grande. > > Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto non > vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran oportunidade > facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras achegas o enriquezan > e no canto de facer unha pequena asociación poidamos facer unha pequena > asociación pero máis grande, na que si realmente poidamos estar todos. > > Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os que > estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro que hai > diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa parezo un pitoniso > ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer algo máis grande que > permita que máis software estea en galego e que o estea cunha mellor > calidade. > > Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos. > > > -- > damufo > > > > Miguel Branco escribiu: >> >> Apuntádeme a esa comida! >> >> Eu saio dende Coruña city a canda Leandro, admítense + pasaxeiros :) >> >> > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >
Claro, por iso está tamén en marcha esa Federación, somos, xunto con guls e outras agrupacións, entidades cívicas complementarias, non? Creo que non ten nada que ver a colaboración nos traballos e proxectos coa constitución legal de Trasno. O mesmo que pasa respecto das institucións como Unis ou Administración ou das empresas ou asociacións de empresas como Agasol. Trasno debe "nacer" legalmente para ser un actor membro máis. E a partir de aí xa calo...

