>>> Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña
>>> esperar para a creación da asociación trasno.
>>>
>>> Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos ven
>>> motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos
>>> membros de trasno a integración en CIF decidiuse a creación dunha nova
>>> entidade.
>>>
>>> Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar
>>> sen ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder
>>> estar máis unidos ou formar un grupo máis grande.
>>>
>>> Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto
>>> non vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran
>>> oportunidade facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras
>>> achegas o enriquezan e no canto de facer unha pequena asociación
>>> poidamos facer unha pequena asociación pero máis grande, na que si
>>> realmente poidamos estar todos.
>>>
>>> Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os
>>> que estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro
>>> que hai diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa
>>> parezo un pitoniso ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer
>>> algo máis grande que permita que máis software estea en galego e
>>> que o estea cunha mellor calidade.
>>>
>>> Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos.
>>
>> Claro, por iso está tamén en marcha esa Federación, somos, xunto con
>> guls e outras agrupacións, entidades cívicas complementarias, non?
>> Creo que non ten nada que ver a colaboración nos traballos e proxectos
>> coa constitución legal de Trasno. O mesmo que pasa respecto das
>> institucións como Unis ou Administración ou das empresas ou
>> asociacións de empresas como Agasol. Trasno debe "nacer" legalmente
>> para ser un actor membro máis. E a partir de aí xa calo...
>
> Isto era o que pretendia o suso, meter cizaña entre nos para aasí poder
> quedar de salvador, amo , redentor... e seguir a sacar reditos para si do
> traballo dos demáis.
>
> Isto que estou a dicir xa llo dixen a el na cara en Malaga e agora usa para
> promover a nosa sumisión a CIF os argumentos que eu empregaba contra el.
>
> Afirmo, Suso só quere controlar el todo, para iso vai a usar calquera
> artimaña, así que facedeme o favor de non facerlle caso.
>
> Por cousas así e polo que eu non queria entrar en CIF. Estiveron a facerse
> de "novas" entre o Suso e os seus amigoscando xa tiñan todo artellado.
>
> Primeiro obxectivo a derrubar para controlar o cotarro →→→→ Trasno
>
> e nesas estan
>
> dixit !
>
> :-)

Vexo que sodes amigos :)

Non nego que se podería interpretar dese xeito, pero sendo máis serios
se chegamos ata aquí foi discutindo entre todos de xeito aberto,
colaborativo e transparente, discutindo todas as propostas e dúbidas,
e chegando a un consenso bastante amplo, ca participación durante
meses de quen quixo involucrarse. E agora resulta que temos que deter
todo o proceso case no final para considerar unirnos a aqueles que non
participaron na discusión. Tal como eu o vexo ten máis sentido que
eles sexa os que se unan a nós que xa discutimos bastante sobre o
tema.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a