> > Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña
> > esperar para a creación da asociación trasno.
> >
> > Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos ven
> > motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos
> > membros de trasno a integración en CIF decidiuse a creación dunha nova
> > entidade.
> >
> > Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar sen
> > ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder estar
> > máis unidos ou formar un grupo máis grande.
> >
> > Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto
> > non vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran
> > oportunidade facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras
> > achegas o enriquezan e no canto de facer unha pequena asociación poidamos
> > facer unha pequena asociación pero máis grande, na que si realmente
> > poidamos estar todos.
> >
> > Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os
> > que estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro que
> > hai diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa parezo un
> > pitoniso ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer algo máis
> > grande que permita que máis software estea en galego e que o estea cunha
> > mellor calidade.
> >
> > Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos.
> 
> Levamos con isto un ano, acordamos xa os flecos finais a semana
> pasada, entre a semana pasada e esta Suso, a CIF e outra xente acorda
> reunirse para discutir e agora imos parar o proceso dun ano? A xente
> tivo oportunidade de opinar durante meses, de involucrarse, de cambiar
> o rumbo e agora pasa isto?
> 
> Lémbroche que xa quedamos case unha ducia en ir o Sábado a constituír
> a asociación, e que desbotamos a integración na Ciberirmandade e
> nalgún LUG por razóns ben meditadas. Non vexo a razón de paralizar o
> proceso, os que queiran que se unan, aínda hai tempo de sobra.

Estou con Leandro. Non vexo motivo polo cal teñamos que parar a constitución 
da asociación.

Responderlle a