Boas:

José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
Ademais, se en inglés existen as dúas palabras (folder e directory),
non vexo por que temos que quedarnos só con unha... evitámonos leas
para o día en que apareza en inglés: "this folder is not inside a
valid directory" (por poñer un exemplo parvo, vaia...)

O caso é que as veces a cousa aparece misturada e non é nada clarificadora.

El 19/10/09, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com> escribió:
Un file tradúcese como "arquivo" cando é ou son un conxunto de
ficheiros e cartafoles comprimidos.
NOTA: Coido que os .tar non están comprimidos, pero son arquivo.
Arquivo
sería como un ficheiro que fai de cartafol, por dicilo dqalgún xeito.
Adrián ten razón.

Habería que discutir algo máis o de folder, que eu tiraria
directamente por directorio...
Eu que estaba tentado a mudar todos os directory por cartafol...
Sigo a ser da idea de que directorio se refire á xerarquía de ficheiros e
cartafol á metáfora da interface gráfica.

O directorio /home/eu/Documentos é único

Documentos, como cartafol, pode aparecer no escritorio, no directorio
persoal,
nos diálogos de selección de ficheiros,... e, no meu caso, é de cor verde.
Vaale, aceptamos cartafol como animal de compañía.

Ata logo,
                 Leandro Regueiro


--
To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Responderlle a