Pois veña. A miña idea é comezar "discutindo" cinco teclas e logo ir 
aumentando a medida que cheguemos a acordos. A orde é a do PDF (cuxo autor xa 
foi mencionado na lista se ben non o atopei no documento).

Denominación completa en inglés: alt key, alternate key
Denominación completa en galego: tecla de alternancia / tecla Alt / ...
Avrebiatura en inglés: Alt
Avrebiatura en galego: Alt / ...
----
Eu optaría por: tecla de alternancia; Alt
----
Denominación completa en inglés: alt graphic key
Denominación completa en galego: tecla de alternancia gráfica / tecla Alt Gr / 
...
Avrebiatura en inglés: Alt Gr, Alt Graph
Avrebiatura en galego: Alt Gr / ...
----
Eu optaría por: tecla de alternancia gráfica; Alt Gr
----
Denominación completa en inglés: backspace key
Denominación completa en galego: tecla de retroceso / ...
Avrebiatura en inglés: Backspace, ←
Avrebiatura en galego: Retroceso / ← / ...
----
Eu optaría por: tecla de retroceso; Retroceso
(a frecha paréceme que pode levar a confusións)
----
Denominación completa en inglés: caps lock key, shift lock key
Denominación completa en galego: tecla de bloqueo de maiúsculas / tecla Bloq 
Máius / tecla de bloqueo das maiúsculas / ...
Avrebiatura en inglés: Caps Lock
Avrebiatura en galego: Bloq Maiús / ...
----
Eu optaría por: tecla de bloqueo das maiúsculas; Bloq Maiús
----
Denominación completa en inglés: control key
Denominación completa en galego: tecla de control / tecla Ctrl / ...
Avrebiatura en inglés: Ctrl
Avrebiatura en galego: Ctrl / ...
---- 
Eu optaría por: tecla de control; Ctrl

PS: Por regra xeral non uso o sistema de "maiusculación" anglosaxón, pero no 
caso das abreviaturas das teclas plantéxome a posibilidade da excepción. Que 
pensades que sería mellor?

Responderlle a