-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Ola a tod@s e en especial a Susana Sotelo,
Por recomendacións de JMCS (socio de Trasno) acabo de compilar a nova versión do LanguageTool dende un checkout do cvs. Logo de compilalo en Ubuntu Karmic con unha serie de erros de sinxela solución (unhas bibliotecas java que se instalan co paquete ure e que hai que situar en libs/ooo) obtiven o LanguageTool.jar e o languagetool.oxt novos. Xa o día 10 de outubro fixen unha versión empaquetada do mesmo sen moita dificultade e comprobei que funcionaba perfectamente en oOo e co idioma en galego. Teño accesíbel o paquete para openoffice no meu ppa en launchpad: https://edge.launchpad.net/~frandieguez/+archive/mabishu está comprobado que funciona con Ubuntu Jaunty, Karmic (a nova release) e máis en Debian Sid. Mais a miña intención é que funcione sempre na última versión estábel dos sistemas operantes baseados en Debian. Agora mesmo estou mirando a creación de paquetes para a versión standalone para a liña de ordes, que tamén estará no meu repositorio. Isto o que facilitará é a creación de scripts que empreguen as funcionalidades de este aplicativo. Sei que Susana Sotelo, que tiven o pracer de coñecer nas xornadas da USC, está na rolda de g11n.net e é a autora da parte de galego e español do mesmo. Pregaríache, Susana, que se pode ser cando haxa un cambio significativo me avisaras neste mesmo enderezo para así xerar un novo paquete actualizado. Realmente lévame máis tempo andar a mirar o repositorio todos os días que xerar o paquete e subilo ao repositorio. Aproveito para explicar tamén que neste mesmo repositorio está o corrector ortográfico hunspell-gl-es feito por Miguel Solla (que vai realmente ben), o paquete de openoffice Exeria (mellorado por min para que se instale automaticamente no ooo sen necesitar intervención) e tamén a extensión hyphenation-gl-es que empaquetei eu tamén. O principal propósito deste repositorio é a inserción de ferramentas lingüísticas que poidan ser de axuda tanto a usuarios sen coñecementos informáticos como a usuarios avanzados. Sempre claro coa premisa que teña unha licenza aceptada pola Open Source Iniciative. Por suposto calquera achega/suxestión/queixa será ben recibida. Ben esta última non tanto :P Saúdos. - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org iEYEARECAAYFAkrja4EACgkQmLtmJqKk+bjunQCgilcfhYgWNWW0jhePhUm77Hlo ktYAn3gQlrb3TOmroWu9Mh7oVik+IrBd =vAQo -----END PGP SIGNATURE-----

