2009/10/27, Antón Méixome <[email protected]>: > 2009/10/27 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: >>> [...] lera (como é o pretérito do subxuntivo de ler?) [...] >> >> Coido que o escribiches ben. > > Eu tamén opino que o dixeches ben e a gramática galega non protestou. > Así que debe ser correcto. > > O que JMCS quería preguntar era polo pluscuamperfecto de indicativo > > Por lo que había leído > Polo que lera >
Correcto, o pluscuamperfecto. O asunto é que o corrector dá como incorrecto "lera", e xa dubidaba. > Que é distinto do perfecto de subxuntivo e que non acae na frase > > Si no hubiese leido > Se non lese - ou lera- (*se non tivese lido) > > Si, en galego o subxuntivo ten tanto << come-se/ra >>, o de indicativo > só << come-ra >> > > >> >>> [...] case valería a pena, por tentar atraer a máis >>> xente ao eido da tradución de SL e tal... pola vía de atraelos antes a >>> seren usuarios de SL, vaia. >> >> Supoño que mentres o software traducido en si mesmo sexa software libre >> (aínda >> que o resto do sistema non o sexa, como ocorre case sempre), seguiremos na >> liña na que imos e queremos ir. >> >>> Porei algo en Trasno sobre LinuxMint, do estilo: "actualmente, JMCS >>> ten traducida a próxima versión 8, Helena", ou así... >> >> «E RMS endexamais traduciría un sistema tal ao Galego, aínda que fose o >> único >> tradutor ao galego sobre a face da terra.» XD >> >> Por certo, o de "ter [participio]"... non estou seguro de que ese sexa o >> uso >> correcto. Creo que o uso non é para tempos perfectos senón para expresar >> repetición (ten traducido = traduciu varias veces). Non sei se algún >> (semi)lingüista pode desmentirmo/confirmarmo. > > Non son semiliingüista, :-D pero a ver se non me equivoco que o > asunto é esvaradío > > A autoridade téñena os falantes > > TER + Participio. Hai que distinguir o uso como perífrase, válido, e o > uso como tempo composto, incorrecto. E non se comporta igual se TER > está en presente, en imperfecto ou en subxuntivo. > > 1. Teño traducido o que me pediches (non vexo eu a reiteración, > véxase o exemplo 5) > 2. Ten traducido cousas dese tipo (si a vexo) > 3. Tiña traducido o choio cando ti chegaches (que xa acabara, vamos) > 4. Se o tivese traducido xa podía ir ao magosto (pero como chegou a > facelo nin sequera unha vez, queda sen castañas) > 5. Tería traducidas unhas vinte liñas (isto xa é outro tema) > > En consecuencia, > > Non é correcto en galego " JMCS ten traducido a próxima versión ..." > (sería un castelanismo derivado de "ha traducido") > É correcto en galego "JMCS ten traducida a próxima versión..." (porque > así é o estado en que a ten: traducida) > Vale, eu escribírao con este valor, o valor de "teño a casa pintada de azul" (pinteina unha vez, de azul), non o de "teño pintado a casa de azul moitas veces, porque son moi 'fan' dos pitufos". > Ha traducido el programa > Traduciu o programa e por tanto "teno" traducido > Ha hecho traducciones > Fixo traducións/Ten feito traducións > (repetidamente)/Ten feitas traducións. Depende do sentido no contexto. > > Para simplificar: Ter + participio non só vale con valor reiterativo. > Ten outros usos pero non coinciden cos dos tempos do castelán > > Si (con valor de perífrase reiterativa ou como adxectivo ) -> Ten oído > misa, ten oída a misa... pero non ten nada que ver co castelán "ha > oído misa" (oíu misa) > Non (con valor puramente temporal)-> *Se non tivese oído misa (Se non oíse > misa) > Si (con valor de perífrase perfectiva) -> Ten oído moitas naquel > tempo; Tiñas oído misa antes de volver para a casa > > Moi educativo, si señor. Agradécese. > > > > > >> > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. > -- Saúde, Chaves - http://chav.es

