2009/11/16 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> 2009/11/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> Olá,
>>>> discutiuse isto antes?
>>>
>>> Anaco de código, cando o relacionamos con IDEs ou programación
>>
>> Non se discutiu, que eu saiba. En
>> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/snippet vese que se traduciu como
>> "fragmento" e "anaco".
>
> That's the question.
>
> Eu teño tendencia a utilizar «Fragmento», mentres que Xosé utiliza
> «anaco», e claro, estes días estiven a completar e revisar a
> ortografía e gramática de kdev[elop|platform].
> Parte do problema é que non podo aíslar (creo) a parte IDE da parte de
> simple editor de texto, xa que, iirc, kdevelop & co. toma o editor
> como compoñente, e polo tanto diferenciar o «snippet» segundo o módulo
> -principal contexto semántico-  non me é posíbel.
>
> Que a que ven isto:
> -gnome: só aparece en gedit, e escolleuse «fragmento»
> -kde: aparece en kmail (xosé), como «fragmento»
>          en kdevsnippet (xosé) como «anaco»
>          en katesnippet (marce) como «fragmento»
>          en quanta (xosé/marce, próximo módulo a revisar) como «fragmento».
> En consecuencia preciso tomar unha decisión respecto ao que facer con
> estes tres ficheiros.
>
> A ter en conta: todos os tres son módulos de desenvolvimento
> (kdevelop, kdesdk, kdewebdev).
>
> Indo aos significantes:
> "snippet":  a small part, piece, or thing; especially : a brief
> quotable passage (unha parte, peza ou cousa cativa, en  especial: unha
> pasaxe breve que se pode citar.
>
> "fragmento": (dig)Parte que se conserva dun escrito.  (estr) Fragmento
> de obra literária ou musical, especialmente o que oferece alguma
> particularidade
> "anaco": (dig) Unidade menor que resulta da división doutra maior.
> Porción breve de tempo.  (estr) Porçom de uma cousa material ou
> imaterial. Espaço de tempo.
>
> "passagem/pasaxe": (estr)Fragmento de obra literária ou musical,
> especialmente o que oferece alguma particularidade (dig) Fragmento dun
> texto ou dunha obra musical.

Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.

Por outra parte se entramos a considerar tódalas posibilidades
poderían entrar: retallo, retrinco, cacho, pedazo... que non conservan
un significado relacionado estritamente co texto.

Responderlle a