2009/11/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
> 2009/11/16 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>> 2009/11/16 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>> Olá,
>>>>> discutiuse isto antes?
>>>>
>>>> Anaco de código, cando o relacionamos con IDEs ou programación
>>>
>>> Non se discutiu, que eu saiba. En
>>> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/snippet vese que se traduciu como
>>> "fragmento" e "anaco".
>>
>> That's the question.
>>
>> Eu teño tendencia a utilizar «Fragmento», mentres que Xosé utiliza
>> «anaco», e claro, estes días estiven a completar e revisar a
>> ortografía e gramática de kdev[elop|platform].
>> Parte do problema é que non podo aíslar (creo) a parte IDE da parte de
>> simple editor de texto, xa que, iirc, kdevelop & co. toma o editor
>> como compoñente, e polo tanto diferenciar o «snippet» segundo o módulo
>> -principal contexto semántico-  non me é posíbel.
>>
>> Que a que ven isto:
>> -gnome: só aparece en gedit, e escolleuse «fragmento»
>> -kde: aparece en kmail (xosé), como «fragmento»
>>          en kdevsnippet (xosé) como «anaco»
>>          en katesnippet (marce) como «fragmento»
>>          en quanta (xosé/marce, próximo módulo a revisar) como «fragmento».
>> En consecuencia preciso tomar unha decisión respecto ao que facer con
>> estes tres ficheiros.
>>
>> A ter en conta: todos os tres son módulos de desenvolvimento
>> (kdevelop, kdesdk, kdewebdev).
>>
>> Indo aos significantes:
>> "snippet":  a small part, piece, or thing; especially : a brief
>> quotable passage (unha parte, peza ou cousa cativa, en  especial: unha
>> pasaxe breve que se pode citar.
>>
>> "fragmento": (dig)Parte que se conserva dun escrito.  (estr) Fragmento
>> de obra literária ou musical, especialmente o que oferece alguma
>> particularidade
>> "anaco": (dig) Unidade menor que resulta da división doutra maior.
>> Porción breve de tempo.  (estr) Porçom de uma cousa material ou
>> imaterial. Espaço de tempo.
>>
>> "passagem/pasaxe": (estr)Fragmento de obra literária ou musical,
>> especialmente o que oferece alguma particularidade (dig) Fragmento dun
>> texto ou dunha obra musical.
>
> Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que
> se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.
>
> Por outra parte se entramos a considerar tódalas posibilidades
> poderían entrar: retallo, retrinco, cacho, pedazo... que non conservan
> un significado relacionado estritamente co texto.

Pero mellor agardamos unha opinión máis experta que a miña, e a ver se
de paso opina máis xente. Que conste que a min "fragmento" non che me
gusta, pero se é o máis correcto é o que haberá que usar.

Responderlle a