2009/11/16 Leandro Regueiro <[email protected]>: > Pois entón poderia ser fragmento, que conserva o significado e é o que > se está usando en GNOME, o cal está sendo revisado por Méixome.
Home, empregar como argumento de autoridade que se está a empregar en gnome non é que me deixe moi satisfeito... menos mal que o arranxas dicindo que o está a revisar méixome. > Por outra parte se entramos a considerar tódalas posibilidades > poderían entrar: retallo, retrinco, cacho, pedazo... que non conservan > un significado relacionado estritamente co texto. Unha vista da funcionalidade que estamos a considerar: http://www.kde-apps.org/content/preview.php?preview=1&id=16381&file1=16381-1.png&file2=&file3=&name=Kate+Snippets Nótese que o retallo, isto é, o anaco/fragmento/cacho dunha cousa despois de cortala, non é só un texto, senón o par formado por un texto retallado (na ilustración o ## < DEBUG:VARIABLE > out "<pre>\$............) e un alcume ou nome polo que nos imos referir a ele para buscalo axiña ( "DEBUG : Variable" na ilustración).

