2009/11/16 Xosé Antonio Rubal López <xarubal...@gmail.com>:
> Ola,
>
> Antes de nada presentarme: son Xosé Antonio Rubal e ata o momento
> estaba colaborando no grupo de tradución ao galego de Ubuntu.
>
> No marco deses traballos ocorréuseme que se podería traducir
> Subversion, un sistema de control de versións que utilizamos
> intensivamente no meu traballo (obviamente tamén en moitos máis
> sitios). Para evitar a duplicación de esfozos, alguén comezou a
> traducir este software?

Benvido. Creo que non hai ninguén a elo. Como seguramente xa viches aí
hai moitos termos que non teñen decidida unha tradución ou aínda non
teñen unha tradución asentada. Habería que facer ese traballo mentres
se traduce. Un comezo sería a tradución do Anjuta que incorpora as
últimas decisións respecto a isto e que deberiamos xuntar algún día
nun glosario.

Responderlle a