-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE----- Hash: SHA1 Ben,
logo de indagar durante 5 minutos coido que o mellor lugar para traducir o subversion é dende o repositorio polo que tes que descargalo dende o lugar oficial. Como xa che coñezo en persoa e coido que a nivel desenvolvemento tes moita máis experiencia que min che digo os pasos e se tes calquera dúbida xa sabes onde estou. Descargas código fonte: svn checkout http://svn.collab.net/repos/svn/trunk/ \ subversion-repository e logo te miras o ficheiro subversion-repository/www/translating.html Como se van xerar ficheiros .po podes traducilos en GNU/Linux con gtranslator, poedit ou lokalize segundo prefiras. En outros sistemas operantes tes poedit. Eu teño experiencia de tradución do complemento de NetBeans para Git, a interface gráfica Cola para Git e o gittk para o mesmo e teño xa un pequeno glosario terminolóxico que poderías utilizar para a tradución do Subversion. A ligazón ao glosario é http://wiki.netbeans.org/GalicianTranslationGlossary Reitero se tes calquera dúbida esta rolda é a idónea xa que estamos moitos tradutores por aquí. Logo para rematar a tradución o mellor é colgar un ticket no sistema de control de tickets de subversion explicando no informe de erros que é unha tradución e anexando o pofile. Con sorte en poucos días méteno no repositorio. Logo fala comigo para remitilo a debian e consecuentemente a Ubuntu. Nos vindeiros días haberá sorpresiñas polo que estade atentos ás vosas pantallas. Agardo serche de axuda Mr. Rubal. Saúdos - -- Fran Diéguez http://www.mabishu.com - [email protected] GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986 E695 98BB 6626 A2A4 F9B8 -----BEGIN PGP SIGNATURE----- Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux) Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/ iEYEARECAAYFAksBde4ACgkQmLtmJqKk+bjJLQCfS3YDGQf8e6AwX1YMFi9kWdeY eb0Ani+gph2Cm8zrjr+BiZVzAu+2nZ7D =lzM8 -----END PGP SIGNATURE-----

