Boas: Aquí van uns cantos termos relacionados coa meteoroloxía. Que alguén confirme que chegou (coméntoo polo anexo).
En 2010/02/04 15:52, Leandro Regueiro escribiu:
- cae auga e hai vento e aparato eléctrico : treboada (non toda treboada ten raios) - cae pedrazo e vento: sarabiada hailstorm = sarabiada = granizada small hailstorm = pequena sarabiada O resto son variantes: pedrada, sarabieira, pedrazo, salpedrés, escarabana, salabreada, etc...Ousexa que o de miña zona "Xaraiba" é incorrecto? Digoo porque así fixoo e xa o lembro.Na miña zona dise "sarabia" ou "saraiba" dependendo de a quen lle preguntes. Lembro que lle chamaban tamén doutro xeito, pero non está entre todo o que lin neste fío. O de "pedrazo" úsano moito na TVG se mal non lembro...En gnome está o ficheiro libgweather que ten unha morea de vogablos terminolóxicos semellantes a estes e que me gustaría que alguén o collese para ver se é normativo ou só localismos.A ver, cando remate cos exames tiña pensado facer unha lista ca terminoloxía de meteoroloxía de KDE, GNOME e XFCE, e fixar todo iso máis ou menos porque en XFCE a terceira parte do que queda por completar é meteoroloxía. Así que podedes ir comezando, pero eu ata mediados de mes non teño tempo (ganas si).
lingua.iniciacion.pdf
Description: Adobe PDF document

