Boas,
aínda que non teño experiencia na tradución, é certo que nun par de
ocasións fixen intento de iniciar o meu traballo nesta área, e vista a
situación de Moodle, que coñezo a xente que me pode orientar (Miguel
Branco, por exemplo), e que somos usuarios de Moodle en Tegnix, penso
que pode ser unha moi boa ocasión para comezar a traducir.
Pois iso, aí queda a miña proposta ;-)
Un saúdo cordial.
Rafael R. Gaioso (Melisa)
En 16/05/12 16:20, Manuel Vázquez escribiu:
Ola:
A tradución quedou onde a deixaron os anteriores responsables. O que
sucedeu despois é que se engadiron cadeas do portugués e o resultado,
ao meu parecer, é lamentable. Instalei a versión 2.2 en servidor
propio para uso co meu alumnado, o resultado é que a tradución ao
galego non a podo, nin penso que debo, usar con eles. A Consellería de
Educación coido que emprega, en webs dinámicas, a versión 1.8.5, que
ten unha tradución axeitada. O sistema de tradución de moodle precisa
dun mantedor ou mantedores. Alguén se anima? Na medida das miñas
posibilidades podo colaborar, pero non me sinto con enerxía e
dedicación necesaria como para mantar a mesma.
Un saúdo:
Manuel A. Vázquez
2012/5/16 Ramon Antonio Parada<[email protected]>:
Ola,
estou buscando o mantedor da traducción galega do Moodle ou alguen que quera
selo. Actualmente o proxecto figura coma sen mantedor
( http://docs.moodle.org/dev/Language_packs_without_maintainer ). Na lista
de traductores figuran varios
( http://docs.moodle.org/22/en/Translation_credits#Galician ) así que me
gustaría saber se hai alguen máis traducindo. Eu estou facendo traduccións,
que preciso que sexan aprobadas rápido, pero non ante a miña falta de
experiencia en traducción posiblemente teñamos un candidato mellor.
Un saudo,
Ramón
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
--
----------------------------------------------------------
Rafael Rodríguez Gaioso [email protected]
Presidente de MeLiSA http://webmelisa.es
Telf: (+34) 600 556 226
----------------------------------------------------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
[email protected]
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto