2012/5/16 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Descarguei os paquetes de "gl" e de "en" de v 2.2 ... queda traballo de
> carallo :-) o orixinal son 340 ficheiros e en gl só hai 122 (non me parei
> aínda a ver o tamaño de cada un)
>
> En local son ficheiros .php. convertinnos en .po e vou tentar facer algo
> que serva de TM para reaproveitar o xa feito, de paso xa lle fago unha
> primeira revisión ao feito.
>

Cómo se convirte un ficheiro php en .po ?

>
> Creo que sería cousa de que a xente se fixera unha conta na páx de
> tradución, que se traballara en local, para reaproveitar o máximo, e unha
> vez revisado, con paciencia replicalo no web.
>

Cal é a ventaxe de traballar en local con respecto a empregar a ferramenta
oficial de Moodle?


>
> O que se podería tentar é que nos admitan que lles enviemos os ficheiros
> .php xa traducidos por correo, ou dispoñéndoos nun almacen en liña. Se
> puidera seren así, poderiamos despois ver as versións máis antigas, xa que
> así (IMHO) quedaría menos que traducir.
>
> Digo eu... xa que Rafael está moi implicado (pola vía profesional) podería
> solicitar o traballo de moderador/coordinador, e os trasnegos máis
> "currados" ofrecerlle o noso asesoramento e axuda no técnico. Que vos
> parece?
>
>

Saudos,
Ramón
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a