2010/6/6 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>

> Bueno, estiven algo atarefado, pero hoxe tiven tempo para aplicar o falado
> na
> lista de correo.
>
>  Apliquei os parches que me mandou Solla de correccións nas formacións
> verbais (gústame isto dos parches).
>
>  As letras que non forman parte do alfabeto galego non están incluídas.
> Porén, as palabras presentes no VolGa que as utilizan seguen sendo
> completamente válidas.
>
>  Engadidas ao gl.dic as palabras: gray, becquerel, estereorradián e katal.
> Asemade, á unidade «henry», que xa estaba presente, lle engadín a forma
> plural.
>
>  Agora o corrector dá por válido °, que ademais de utilizarse ─como forma
> alternativa─ para escribir °C, utilízase para escribir graos de ángulos
> (por
> exemplo: 90°).
>
>  Asemade, engadín o signo de puntuación «─», que ata agora estaba como
> incorrecto. É o que utilicei no parágrafo anterior, e escríbese na
> disposición
> de teclado «es» mediante a combinación de teclas «Alt Gr + Maiús + ,».
> Asumo
> que é o carácter unicode correspondente a dita función. Se non o é, que
> alguén
> mo indique (e a poder ser que me indique tamén cal é o correcto para dita
> función, pois teño claro que non é o guión «-»).
>
>  Engadido queda tamén o símbolo da suma (+), que non é raro de ver nun
> texto
> corrente, así coma o símbolo de igual (=).
>
>  Engadidos os símbolos internacionais de linguas: ar, br, ca, cy, da, de,
> el,
> eo, es, eu, fi, fr, gl, it, ja, ko, la, nl, oc, pt, ro, ru, sv, zh.
>
>  Engadíronse todos os símbolos monetarios internacionais listados en
> «http://www.xe.com/iso4217.php». Engadíronse tamén os comentados por 
> Antón
> de
> antigas moedas europeas.
>
>  Non engadín ningunha abreviatura de materia nin de nada (e estou pensando
> en
> “comentar” as que xa están presentes) dado que o corrector ignora o 
> punto á
> hora de corrixir, polo que as dá como malas aínda que estean presentes no
> gl.dic. Descoñezo se existe unha solución para isto (aparte de que pode que
> engadindo o punto á variable WORDCHARS quizais por consola os trague o
> corrector). Non sei se isto se podería solucionar co uso de regras de
> composición (COMPOUNDRULE, e outras), pero de momento non atopei ningún
> exemplo deste tipo de regras ao que botar mano para entendelas. A
> documentación do hunspell deixa bastante que desexar, a verdade.
>
> E agora a outras cousas. É unha mágoa non saber como solucionar o do punto
> das
> abreviaturas (sen ter que dar por boa a abreviatura sen punto). A ver se
> algún
> de vós sabe ou se lle ocorre como facelo.
>
>

> Tedes os ficheiros en http://karalladas.co.nr/hunspell-gl (collédeos antes
> de
> que me quiten o dominio ;).
>
>
Vou facer unha cousa e tampouco pido permiso para facela :-)

Subo estes ficheiros (grazas Adrián) ao blog de openoffice; crearei unha
sección sobre o corrector e así estarán nun lugar lóxico e accesible. Tamén
engadirei os que están agora activos oficialmente así como da modificación
inicial de Miguel Solla.

Meterei tamén nesa sección outros complementos e utilidades lingüísticas que
teñan que ver con OOo.org. Só coa finalidade de ordenación porque senón
dentro de 6 meses non hai quen se aclare.

Entre as cousas que teño previstas está tamén o empaquetado mediante un .oxt
para a instalación do corrector sobre unha versión que non sexa nativa en
galego.

@Adrián @Solla
En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema que
significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que sería moi
útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando algún artigo ou
documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que sabemos,
cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós sabedes. Eu
non)

Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)



> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100606/1a1707b8/attachment-0001.htm>

Responderlle a