O Luns 12 Xullo 2010 20:52:03 Carlos Real escribiu: > Modificando o texto das etiquetas 2 e 3 arránxase o problema pero > resulta que a etiqueta seguinte é igual, cambiando vertical por > horizontal. O problema aparece ó querer cambiar as dúas etiquetas porque > o OmegaT recoñece que as dúas partes 3 son iguais en inglés e ao poñelas > en galego cambia unha delas automaticamente, polo que quedan dúas > etiquetas iguais. Non vexo xeito de evitar este cambio en OmegaT, asà > que supoño que terei que facer o cambio a man no .po con calquera > procesador de textos. à correcto?
Non entendo moi ben porque o OmegaT fai iso, a verdade. Será un bug do programa máis ca un erro de internacionalización?. Abre o .po cun editor de texto calquera e cambia como vexas. Os de pt_PT e pt_BR fixeron o seguinte: > #: ../data/glade/template-designer.glade.h:14 > msgid "4. Horiz. waste (overprint allowed):" > msgstr "4. DesperdÃcio horizontal (impressão sobreposta permitida):" > > #: ../data/glade/template-designer.glade.h:15 > msgid "5. Vert. waste (overprint allowed):" > msgstr "5. DesperdÃcio vertical (impressão sobreposta permitida):" > 2/ Alguén sabe ou ten idea de como se chama en galego ás carpetas con > aneis de ferro para meter nelas follas furadas? Eu sempre falei de > "carpeta de anillas" ou de "archivadores" (estas que van moitas veces > dentro dunha caixa e poden conter unha cantidade de follas grande), pero > isto é castelán, evidentemente. O nome portugués é "pastas de arquivo" e > me parece que non se entenderÃa ben. Algunha suxestión? Supoño que simplemente "arquivador", como di Adrián. O digalego di: >s m Moble ou caixa utilizada para gardar documentos, fichas ou outros papeis. > 3/ Vexo que no Gnome tradúcense os nomes dos formatos de papel > americanos asÃ: > US Letter -> Carta de US > > ¿A abreviatura de Estados Unidos déixase asà sempre? Si, semella un erro. Como di Adrián, ou EE.UU ou EUA. Eu prefiro o segundo anacrónico, que é máis fidedigno ao orixinal ianqui USA, ademais de ser especÃfico, son os "estados unidos" pero dalgún lado, "de América". Só unha nota, o par ¿? xa non se usa na nova norma, só ? ao remate, bardante de que se o contexto faga difÃcil ao lector distinguila dunha enunciativa, nese caso si, recorrese ao ¿?. ------------ próxima parte ------------ A non-text attachment was scrubbed... Name: non dispoñÃbel Type: application/pgp-signature Size: 198 bytes Desc: This is a digitally signed message part. URL: <http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100712/dc9928e3/attachment.pgp>

