2010/7/12 Fran Diéguez <listas en mabishu.com>:
> O Lun, 12-07-2010 ás 21:34 +0200, Miguel Branco escribiu:
>>
>> Non entendo moi ben porque o OmegaT fai iso, a verdade. Será un bug
>> do
>> programa máis ca un erro de internacionalización?. Abre o .po cun
>> editor de
>> texto calquera e cambia como vexas. Os de pt_PT e pt_BR fixeron o
>> seguinte:
>
> Pois non é un erro, é unha feature... o OmegaT traballa ESTRITAMENTE
> como o estándar TMX é dicir pares de cadeas orixe-traducida. Isto é, se
> dúas cadeas son a mesma entón teñen a mesma tradución.
>
> Para solucionar isto deberían estar en dominios ou espazos de nomes
> distintos.
>
> A forma de solucionar isto é traducir directamente o pofile, xa que este
> non atende a (cadeas orixe iguais = cadeas traducidas iguais).
>
> Se vos animades o próximo xoves ou venres estará un dos autores do
> Gtranslator na GUADEC e se podo asistir tenho varias cousas que
> comentarlle para que o implementen:
>
>  -  Compatibilidade para glosarios TBX
>  -  Compatibilidade para memorias de tradución TMX
>  - Remisión de traducións a repositorios de forma automatizada.
>    * Git
>    * Svn
>
> e algunha cousa máis que me deixo no tinteiro.

Eu tamén intentarei estar alí para facer algo semellante :)

Respecto ao de "Carta de US" pode que veña de aquí:
http://wiki.trasno.net/Formatos_de_papel_anglosax%C3%B3ns

Responderlle a