2012/9/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> 2012/9/30 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>>
>> Non deixedes de ver este traballo. Especialmente os tradutores de KDE.
>
> Especialmente por?

Porque polo visto para realizalo tiraron dun corpus con traducións de
KDE, e case todos os exemplos de uso que hai son de KDE.


>> A min levantoume a moral.

Pois eu non sei que dicir, vin algunhas cousas raras por aí, e ademais
pareceume incompleto. Quédome sobre todo coas conclusións finais.


>> Rodríguez García, Mercedes (2011): Elaboración dun glosario
>> plurilingüe inglés-galego-español especializado en informática a
>> partir de corpus paralelos. Traballo de Fin de Máster dirixido por
>> Xavier Gómez Guinovart e defendido en xullo de 2011 no Máster en
>> Tradución e Paratradución da Universidade de Vigo coa cualificación de
>> sobresaliente.
>> http://webs.uvigo.es/sli/arquivos/tfm2011.pdf
>>
>> Ese traballo, feito a partir do noso, demostra a transcendencia e
>> importancia deste grupo de traballo. O detalle máis importante a ter
>> en conta é que se basea en localizacións ata 2009. Nós sabemos o
>> inmenso salto que demos desde entón pero como xa inclúe parte do
>> traballo coordinado por Mancomún, as tendencias fundamentais xa están
>> aí.
>>
>> E logo isto
>>
>> http://sli.uvigo.es/TUVI/
>>
>> A interface é un pouco confusa pero funciona

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a