Ola, Penso que non podemos buscar un nome para o "kerning" sen ter en conta en paralelo o "tracking" (http://www.fotonostra.com/grafico/trackingykerning.htm).
De feito, moitas fontes castelás úsase "interletrado" como equivalente de "tracking". Xusto -----Mensaxe orixinal----- De: Antón Méixome [mailto:[email protected]] Enviado: xoves, 09 de xaneiro de 2014 20:49 Para: Trasno - Lista Asunto: [terminoloxia] kerning Nunca debatemos esta palabra? De momento na tradución de LibreOffice está "espazo entre caracteres" que é máis ben unha perífrase que un termo. Propoño: interletrado (seguindo a Blanco Valdés, en Do orixinal ao libro) Non atopo máis traducións rexistradas no Trobador; no Buscatermos recollen a opción do anglicismo directo feito por aquel vello Léxico editorial Buscatermos: Definición Espazo existente entre os caracteres Fonte Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC Áreas temáticas Industria > Sectores industriais > Comunicación > editoriais Equivalencias GL: kerning (s, m, s) FontesLéxico editorial. Santiago de Compostela, Universidade, 1993 ES: kerning _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

