Certamente tracking e kerning son parella e debe considerarse unha solución conxunta na terminoloxía tipográfica pero no caso da tradución que levo non o aparece senón o kerning. Tracking en inglés é unha palabra caixón cunha enorme cantidade de significados diferentes. No ámbito do software, cando aparece tracking normalmente refírese a «tracking errors» que traducimos normalmente como seguimento de erros (aínda que sería máis exacto dicir "trazabilidade de erros") e cando se refire a hardware, é un «erro da pista»
Tamén achego outra fonte especializada ao caso: http://www.fotonostra.com/grafico/trackingykerning.htm A solución que adoptei é kerning → interletrado Sobre tracking non o teño claro, vexo que se utiliza «densidade» pero creo que é demasiado xenérico (parece apreciarse tanto en horizontal coma en vertical e tanto para a liña como para o parágrafo). En todo caso non me afecta agora. Habería que considerar tamén «spacing» e «line spacing». Quero dicir que ao mellor «tracking-densidade» é perfectamente correcto, pero que non fai realmente distintiva con «kerning-interletrado» ------------------------------------------------ | tracking-densidade | |----------------------------------------------- | kerning-interletrado | | spacing-espazado | ------------------------------------------------ Por que non aceptar o anglicismo? Penso que non é de recibo que tomemos termos anglófonos neste campo cando a nosa tradición editorial ou libresca (a das linguas romances) é tan antiga e depurada. Non me podo crer que os tipógrafos italianos, franceses ou españois teñan nada, absolutamente nada que aprender dos ingleses ou americanos. O track e o kern chegan agora como efecto secundario da informatización das ferramentas (ora si, de aí o inglés) en it fr es pt tracking spaziatura approche espaciado alinhamento,... kerning crenatura crenage interletraje ajuste de espaço,... Tampouco entendo o -aje do español. Interletraje non está recollido no DRAE, interlinea, si. O do portugués é un caos, confusas, polas fontes consultadas (culpa miña, claro). 2014/1/10 Miguel Bouzada <[email protected]>: > Segundo isto: http://tipografia.edublogs.org/tracking-y-kerning/ > eu aplicaría > kern[ing] → interletrado > Track[ing] → densidade > > > 2014/1/10 Miguel Bouzada <[email protected]> >> >> Unha páxina que a min paréceme moi boa para este tipo de discusións, xa >> que aclara moi ben os conceptos tipográficos, malia estar en castelán é >> http://www.unostiposduros.com >> >> Sobre este particular: >> >> http://www.unostiposduros.com/taller-de-tipografia-digital-2-conceptos-basicos/ >> http://www.unostiposduros.com/el-kerning-y-el-idioma-espanol/ >> >> e tamén estoutra páxina: >> http://www.bocetostipograficos.com.ar/2009/07/kerning-y-tracking.html >> >> >> >> 2014/1/10 Xusto Rodriguez Rio <[email protected]> >>> >>> Ola, >>> >>> Penso que non podemos buscar un nome para o "kerning" sen ter en conta en >>> paralelo o "tracking" >>> (http://www.fotonostra.com/grafico/trackingykerning.htm). >>> >>> De feito, moitas fontes castelás úsase "interletrado" como equivalente de >>> "tracking". >>> >>> Xusto >>> >>> -----Mensaxe orixinal----- >>> De: Antón Méixome [mailto:[email protected]] >>> Enviado: xoves, 09 de xaneiro de 2014 20:49 >>> Para: Trasno - Lista >>> Asunto: [terminoloxia] kerning >>> >>> Nunca debatemos esta palabra? >>> >>> De momento na tradución de LibreOffice está "espazo entre caracteres" >>> que é máis ben unha perífrase que un termo. >>> >>> Propoño: interletrado (seguindo a Blanco Valdés, en Do orixinal ao libro) >>> >>> >>> Non atopo máis traducións rexistradas no Trobador; no Buscatermos >>> recollen a >>> opción do anglicismo directo feito por aquel vello Léxico editorial >>> >>> Buscatermos: >>> >>> Definición >>> >>> Espazo existente entre os caracteres >>> >>> Fonte >>> >>> Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC >>> >>> Áreas temáticas >>> >>> Industria > Sectores industriais > Comunicación > editoriais >>> >>> Equivalencias >>> GL: >>> kerning (s, m, s) FontesLéxico editorial. Santiago de Compostela, >>> Universidade, 1993 >>> ES: >>> kerning >>> >>> >>> _______________________________________________ >>> Proxecto mailing list >>> [email protected] >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> >> >> >> -- >> Membro de «The Document Foundation Projects» >> http://www.documentfoundation.org/foundation/members >> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» >> http://galpon.org >> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net >> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > > > > -- > Membro de «The Document Foundation Projects» > http://www.documentfoundation.org/foundation/members > Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)» > http://galpon.org > Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net > Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

