2014-02-02 0:20 GMT+01:00 Martiño <[email protected]>: > Eu non fixen nada nesa tradución, atopeina visitando outro foro. Acabara de > ler que tiñades pensado traducilo de maneira allea á plataforma, así que > avisei para non duplicar esforzos. Con ter conta en GitHub calquera pode > revisar e colaborar. > > Teño unha dúbida, que vantaxes tiña a opción proposta de transformar o xml a > po? Non é mellor empregar a ferramenta elixida polo desenvolvedor da > aplicación? Neste caso, por exemplo, se eu ou alguén de vós non dese aviso > que se está traducindo, estariades facendo un traballo en balde, ou chegado > o momento considerariades substituír a tradución doutros pola vosa, para > manter o estándar de Trasno?.
Ola, respecto ao de se é mellor empregar a ferramenta que propón o desenvolvedor: Se esa ferramenta é boa e se sabe como empregala podería ser unha opción, pero para nós como traballadores échenos máis sinxelo moitas veces converter formatos algo raros a algo máis común que aceptan os programas de tradución que nós empregamos. Sabemos que os nosos programas nos ofrecen axudas das que igual carece esoutro programa, e ademais xa sabemos como empregalo. E se o noso método da mellores resultados e se lle comunica ao desenvolvedor é posible que ao final termine cambiando de formato para facilitarlle a vida aos tradutores. Que conste que non teño nin idea de cal é ese programa que propón o desenvolvedor. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

