2014-02-03 19:14 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2014-02-03 Martiño <saposebru...@yahoo.es>:
>> Teño que mirar ben antes de preguntar nada, que hai pouco que vos sigo e
>> acabo de entrar cunha gloriosa cantada.
>
> Ao revés... mil veces é mellor preguntar a quedarse coa dúbida.

Como se di por aí "ninguén naceu aprendido", e creo que é certo. Como
dixo Antón, sacaches o tema e aprendiches algo. Como tamén se di por
aí "apréndese máis dos erros que dos acertos", e igual tamén é certo
:)


> A tradución do Telegram vaise facendo importante por ser a alternativa
> de software libre máis probable a WhatsApp e por iso a necesidade de
> facer algo de calidade ou polo menos sen castelanismos, nin
> barbarismos, non? Iso é o estándar.
> O colectivo Trasno non vai pasar por riba de ninguén, eu só ofrecía a
> miña colaboración na revisión. Se hai dúas traducións concorrentes é
> síntoma de que a xestión da localización do Telegram non está ben
> pensada. Non hai unha lista de correo/foro, ou plataforma de tradución
> onde se manexen?

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a