Boas, xa vin que falastes do tema, polo que lin había un proxecto de tradución ao galego completado en https://github.com/DrKLO/Telegram/pull/53 que foi movido a Transifex (https://www.transifex.com/projects/p/telegram/). Polo que pon é a tradución oficial do aplicativo. Supoño que non está a traballar nela ninguén de por aquí porque semella que non segue moito a liña de tradución de Trasno.
A todo isto preséntome por aquí, ata o de agora só vos seguía pola lista de Ubuntu e hoxe animeime a apuntarme á lista trasnega :-) _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

