Grazas polas respostas. Leandro, non falaba dun programa en si, referirame ao GitHub, que se pode editar alí directamente por iso non entendía o de darlle voltas para cambialo e usar outros programas. Pero tal como me apuntas, e mo deixa mellor resolto Xosé, xa o vexo doutra maneira. É que eu pensaba que o sacabades de aí e o poñiades noutro lado e traduciades aparte, o cal me parecía un erro posto que se eu agora chego ao programa/plataforma de localización, vexo todos os idiomas menos o galego, pois poñeríame a facelo nese programa/plataforma sen saber que xa se fixo aparte deste. Se despois o devolvedes ao programa/plataforma do desenvolvedor, pois xa non é problema.
Teño que mirar ben antes de preguntar nada, que hai pouco que vos sigo e acabo de entrar cunha gloriosa cantada. Xosé o das dúas traducións paralelas xa o acabo de ver nesta aplicación, os dous usuarios fixeron cadansúa tradución por separado e ao momento de enviala atopáronse entre eles. Agora teñen pedido para que as xunten nunha soa. Cando o desenvolvedor o faga, será o momento de ver se seguen adiante ou se non a poñen ao día, darlle soporte. A verdade, son un interesado, esta aplicación gustoume e vexo que me fixen pesado co tema. Pídovos desculpas.
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

